sábado, 30 de decembro de 2023

Desexos Dun Venturoso 2.024 Cheo De Sorrisos!

Dentro de moi poucas horas toca despedirnos dun ano para recibir outro. Os meus desexos de que 2.024 sexa venturoso e feliz!!!

Que os nosos días se enchan de felicidade e sorrisos compartidos con familiares e amigos de preto ou de lonxe! E que cada momento vivido sexa a oportunidade para crear lembranzas inesquecibles!!!

domingo, 24 de decembro de 2023

Feliz Nadal 2.023, Camelieiros e Amigos!

E de súpeto, como quen non quere a cousa, O Nadal asómase ao  mundo. Feliz Nadal!

E con el, o anhelo de que, cada día,  neste camiño que é a vida, chegue a nós o feitizo e agarimo destes días cheos de suspiros, Música, desexos, encontros e abrazos.

E velaquí Os Meus Desexos para Todos Vós, Amigos e Camelieiros.

xoves, 14 de decembro de 2023

Atrapada Na Tea De Araña E Maxia Dos Teus Bicos

 E velaquí continúo eu atrapada na tea de araña do último bico que nos demos...

Tantos e tantos eran os teus bicos neses nosos fugaces e doces encontros que nen era quen de contalos... Só sei que tremía por estar preto de ti..

Mais agora...Tan distante e lonxano...  Se algún día queres buscarme... Faino á tardiña e polos recunchos máis escondidos… 

Xa sabes que non son de estar exposta á luminosidade do día... Procúrame naquelas corredoiras sempre á beira do río por onde pescudamos a maxia dun amor tan intenso coma o noso...

Búscame nas notas máis tristes, e tamén suaves e doces, dalgunha daquelas nosas cancións que xuntos tantas veces entoamos... E que ficaron alí no noso recuncho... Á nosa espera...

Cántaas aló polo luscofusco ollando sempre cara algún bonito solpor sobre a ría. 

Esa ría que, ti sabes tan ben coma min, foi testemuña dos nosos encontros. E que alí, sonora e risoña, aínda está á nosa espera... 

IMOS???

venres, 3 de novembro de 2023

Soa, Sen Quen Dar O Millo A Comer

E velaiquí está ela... Preparada par dar de comer ás súas galiñas... Ben ... Tedes razón... Tamén hai un galo...

Pois... Resulta que... isto foi xa hai algún tempiño... Agora lá está ela... Co cestiño e o millo preparado para ser lanzado ao ar... Pero non hai ninguén á súa espera...

Os animaliños xa hai un tempiño que desapareceron do lugar... Se cadra en busca de mellores expectativas...

Agora... Ela... Fica alí, soíña... Sen quen dar o millo a comer...

 Ai!!! Cantas lembranzas gardará ela no seu maxín...!

Cantas conversas de xente...!  Simplemente pasando ata o Mercado para ver de comprar algún peixe ou legume para o xantar...

Quen sabe...? Se callar ela foi testemuña de conversas de amigos simplemente falando do seu día a día...

Se callar... Ela foi testemuña deses pequenos intres en que unha amizade está a piques de se transformar, devagar en algo máis...

Se callar ela foi testemuña dos seus encontros vespertinos... E de como cada un ansiaba un xesto... Ou poder escoitar aquelas palabras que suporían un máis alá que aquela relación de simple amizade...

Mais... A pesar das intensas olladas... Ese xesto nunca chegou a realizarse ...As verbas nunca foron pronunciadas... As mans non chegaron a tocarse...

E así andan agora... Cada un polo seu lado...

Tratando de encher o tempo da vida...

Ela con saudades desas conversas e algo máis...

E el... El... Añorando as mostras de cariño, as agarimosas palabras... Baixo o dominio e compañía dunha lamprea co consolo da sempiterna e universal Música que todo o tapa...

xoves, 28 de setembro de 2023

Sedia-M´eu Na Ermida De San Simion

 Sedia-m'eu na ermida de San Simion,

e cercaron-mi as ondas, que grandes son.

...Eu atendend'o meu amigo!

...Eu atendend'o meu amigo!

Estando na ermida ant'o altar,

cercaron-mi as ondas grandes do mar.

...Eu atendend'o meu amigo!

...Eu atendend'o meu amigo!

 

E cercaron-mi as ondas, que grandes son;

non ei i barqueiro nen remador.

...Eu atendend'o meu amigo!

...Eu atendend'o meu amigo!

 

E cercaron-mi as ondas do alto mar;

non ei i barqueiro, nen sei remar.

...Eu atendend'o meu amigo!

...Eu atendend'o meu amigo!

 

Non ei i barqueiro nen remador:

morrerei, fremosa, no mar maior.

...Eu atendend'o meu amigo!

...Eu atendend'o meu amigo!

Non ei i barqueiro, nen sei remar:

morrerei, fremosa, no alto mar.

...Eu atendend'o meu amigo!

...Eu atendend'o meu amigo!

Meendinho  (Xoglar)

luns, 28 de agosto de 2023

Palabras Meigas Para Sermos Felices

Xa hai un tempo que non escribo...

Entón púxenme a pensar un tema e...

Onte, así, como quen non quere a cousa,

Lembreime de ti... das túas palabras...

Anque ti agora parezas fuxir de min e rexeitarme...

Tan distante e alonxado de min, que,

Nin unha ollada dirixes ata onde eu estou...

 

Agora gústache ficar en segundo plano

Mentras eu, intranquila con este teu novo

Plan, languidezo polos recunchos

Afanándome en esquecerte.

 

E dóeme todo aquilo que estivo a piques de ser pero

Non foi... nin trazas ten de selo no futuro...

E aínda así, estando tan perto, pero tan lonxano,

Un poder misterioso

Atráeme e aférrame a ti.

 

É asombroso, pero trato de loitar contra el!

Pois hai que baixar á terra

Lentamente e voltar á cruel realidade...

 

Ata pensei en coller e deixarte ir...

Mais o meu corazón insiste e persiste

E non deixa de insistir ... E ponse

A teimar nas túas palabras

Tan doces e meigas...Nas que

Relatas os teus sentimentos... Sí...

 

Aquelas que, co teu don de poeta,

Tan docemente me namoran... E

Así, sen premeditalo,

Irremediablemente a miña alma volta  a ti...

Coma aquel día en que simplemente me preguntas:

"Non viches que linda está a Lúa hoxe??

Coma ti cando o vento te aloumiña!!!"

E xa desarmaches todos os meus  argumentos...

E só podo deixarme levar e escoitar o vento

Zoar na miña ventá...

 

Ti daste conta das miñas dúbidas e

Mesmo te atreves a preguntar:

Non temos dereito a sermos felices???

A poder amosar ao mundo que te quero

E que me queres???

 

Ríos de emocións encontradas  percorren o meu corpo.

Tanto que a miña alma ponse a tremer...

Incapaz de non sucumbir a ese teu feitizo

Co que me enmeigaches hai tan pouco tempo...

Ñáñaras, mimos, cos que me agasallas

E que sabes que tan ben me fan...

O ceo non espera... Por iso:

Non agardes máis e ven xa por min!!!

venres, 4 de agosto de 2023

Nunca Se Chega Tarde A Un Amor

 Hai quen di que nunca se chega tarde a un amor… Ainda que sexa un amor deses imposibles…

Que sorte os que teñen o luxo de coincidir no momento certo e a maxia de conectar nun só instante... como nos pasou a nós...

E pode ser que te coñecese ainda a tempo...

A tempo de saber de ti, da túa existencia...

A tempo para extasiarme escoitándote cando me contas de ti...

A tempo para encherme de ti cada vez que te vexo...

A tempo para sentirte cada vez que me tocas ou rozas a miña pel...

A tempo para saborearte cada vez que me bicas... Esas poucas veces en que coincidimos no tempo e no espazo...

Todo iso non foi antes... eu non sei aínda por que os deuses non o permitiron...

So sei que foi agora... ainda a tempo para namorarme de ti...

martes, 25 de xullo de 2023

No Día De Galicia, A Nosa Patria Galega!

 HIMNO GALEGO

Que din os rumorosos
na costa verdecente,
ao raio transparente
do prácido luar?

Que din as altas copas
de escuro arume arpado
co seu ben compasado
monótono fungar?

Do teu verdor cinguido
e de benignos astros,
confín dos verdes castros
e valeroso chan,
non des a esquecemento
da inxuria o rudo encono;
desperta do teu sono
fogar de Breogán.

Eduardo Pondal


sábado, 1 de xullo de 2023

Ti A Pasear Polo Areal Buscando O Meu Aroma

Escríbesme e disme que estás a pasear polo meu areal favorito, buscando o meu aroma, nese lugar emblemático para min, e do que tantas e tantas veces che falei...

E eu, que por alí estaba, de súpeto tropezo contigo, así, sen avisar... 

E é que o meu corpo, ti xa o sabes, anda sempre á busca das túas moléculas e soubo dirixirme onda ti.

Dende aquela primeira vez, uns anos atrás en que me impregnaron, naquela praia da túa nenez, a miña alma saudosa só procurou pola túa... 

Atopámonos... As nosas almas recoñecéronse doutra vida pasada... E... aquí estamos...

O agasallo do teu sorriso, ao verme, todo un tesouriño para min, foi a mellor cousa do día enteiro!

venres, 16 de xuño de 2023

Sen O Teu Sorriso Que Baixen O Telón! Punto Final!

 E isto, pouco a pouco, vai languidecendo

Ata chegar á súa extinción!

Agora xa non haberá máis sorrisos para min...

Porque agora que o teu ollar ten outra dirección...

O teu sorriso pícaro coincide

Con beizos que non son os meus...

Xa non haberá pola miña parte

Máis toques de atención...

Os anteriores non tiveron efecto ningún...

Entón... para que continuar

Se ti nin lles prestas atención???

Porque cando unha está esgotada de loitar

Xa non ten máis palabras que dicir...

Xa non ten máis música que amosar...

Só unha terrible dor

No máis profundo de min

Que me esgaza a alma...

E moitas bágoas nos ollos

A punto de asomar

En calquera instante...

Só tes que me ollar!

Pero, claro... NON O FAS!

Entón terei que, esta vez de verdade,

Apagar a luz e dicir que

BAIXEN O TELÓN!

PUNTO FINAL!!!!!!

luns, 5 de xuño de 2023

Por Ti Son Outra Persoa

E de sempre sabes que mesmo sen fechar os ollos

Soño contigo...

E que cando estás perto de min

Todo en min se descontrola.

Algunha cousa estremece o meu corazón.

E todo en min se transforma.

Non son eu...

Son totalmente outra persoa.

Sabes que son os teus bicos os culpables...

Sabes que a túa risa e a túa retranca

Fanme esquecer as cousas máis tristes

E que todo en ti faime perder a cordura.

Non son eu...

Por ti son outra persoa...

Esa mesma que pensa que os teus brazos,

O meu recuncho preferido,

Acubillan para min o lugar máis agarimoso do mundo...

E é que xa sabes que cando estás perto de min...

Non son eu...

Son outra persoa...

mércores, 17 de maio de 2023

Dóeme A Alma Por Este Amor Que Vai Á Deriva

Sempre que te ollaba, o tempo detíñase, e, todo ficaba inmóbil ao meu redor..... e aínda o fai...

Pero quero que saibas que o meu corazón está feito anacos... e a miña alma languidecendo... Porque hoxe todo é moi distinto entre ti e mais eu...

Aquí estou camiñando soa... sen présa, sen nerviosismo,... sen emocións,  sen subidóns de adrenalina nen sentimientos felices...

Sen rozadas de pel con pel que estremezan o meu ser...

Nin bicos nin agarimos para pensar que algo así coma o tal amor puidese existir entre nolos dous...

E é que son unha crédula... Pero a realidade espértame e cóntame a triste verdade...

Agora só a beleza do Lérez e os seus arredores mitiga o meu pesar... 

Eu por aquí seguirei, triste e loitosa...

E é que me doe a alma de pensar

neste amor que vai á deriva...

Porque non conto nin cuns míseros segundos

sós os dous

para mantelo con vida...

xoves, 4 de maio de 2023

Pequeneces Miñas: Unha Canción, Un Poema, Unha Flor, Un Sorriso,...

Ás veces penso que é moi fácil facerme feliz!... 

E é que eu, pouca cousa,  son feliz tamén con moi pouquiña cousa: un bico, unha caricia,  unha flor, un poema, unha canción, un solpor sobre o mar, unha mirada, un sorriso, palabras susurradas no meu oído, camiñar collida da man do meu amor,...E outras pouquiñas cousas así... 

 Minucias e pequeneces que fan a miña vida, o meu día a día... 

martes, 11 de abril de 2023

Pensar Que Nunca Me Foi Tan Doado

E pensar que nunca me foi tan doado entablar unha amizade como me sucedeu contigo… Era tan agradable oírte falar, deixar pasar os minutos parolando contigo… Aínda que fose de nimiedades, cousas sen importancia… Pero... É que eras ti…

E pensar que nunca me foi tan doado e rápido deixar que uns brazos me acubillasen como aconteceu contigo…E eu toda estrañada de que necesitara así desa maneira, a túa aperta cálida e sincera… E é que eras ti…

E pensar que nunca me foi tan doado e rápido deixarme bicar por uns labios como sucedeu contigo… Inexplicablemente, a miña boca necesitaba a túa, imperiosamente… Chamábate ata min… E… Así aconteceu… Só porque eres ti!... Pero... Non meu...!

venres, 31 de marzo de 2023

Almas A Escoitar O Doce Aloumiño Do Vento

Somos dúas almas que se acharon agora e que se recoñeceron por ter vivido xuntos, intensamente, miles de anos atrás.

Os nosos corazóns, co ritmo acelerado, escoitan a melodía interpretada polo vento... Sí... Ese mesmo vento que antano nos aloumiñaba e era testemuña do noso amor.

Cando nos xuntamos, apenas eses miserentos instantes que nos deixan, todo se aleda e se desboca pola intensidade dos nosos doces bicos... Pola suavidade dos nosos aloumiños e a paixón das nosas apertas cálidas e eternas.

Despois o sorriso perdura nas nosas facianas durante días amosando a innegable pegada da felicidade por sabérmonos o un para o outro, inaccesibles aos atrancos...

Máis tarde, ao contemplar a choiva caer, e, esmorecendo polo degoiro de ti, os suspiros foxen de min e arrebolan no ar... Ás carreiras... Proferindo o teu nome no arrecendo da tarde...

Xa sabes que sempre estarei agardando por ti!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!

martes, 14 de marzo de 2023

Agora O Silencio É A Miña Compañía

 E agora… Ti xa tes outra compañía e xa non me buscas… Pero cando chega ese día da semana en que nos atopábamos alí estou eu no noso lugar de encontro… 

Aínda que agora ti nunca chegas…

Pero eu sigo alí co sorriso posto botando millo ás pombas.

Non me importa que haxa nubes,

Non me importa que o sol non luza coma antes…

Nin sequera a húmida presenza da chuva me incita a marchar…

Eu manteño a vista posta no lugar por onde sempre aparecías…

Esperando a sombra da túa silueta, anhelando o son da túa voz.

Pero, a imaxe nunca xurde e o silencio é a miña única compañía.  

venres, 24 de febreiro de 2023

Fico Encantado Polo Teu Sorrir

 Alí estás ... Parada na paisaxe ... E mesmo así, con esa choiva, non deixas de sorrir...

Xa sabes canto me gusta o teu sorriso... A túa imaxe cambia de tal xeito que pareces talmente outra persoa... E eu fico encantado con esa transformación... 

Xa sabes como me gusta camiñar ao teu lado, que a emoción nos invada de tal maneira que eu poida bicarte e abrazarte forte, moi forte... Que pareza que somos só unha persoa alí, parada a contemplar a paisaxe... 

Non me importa que chova ou vente... Só quero que sexas para min... Agora... E por sempre...!

Será que algunha vez iso poderá ser posible???

domingo, 5 de febreiro de 2023

Mi Papel: Enamorarme De Ti, El Tuyo, Ser Mi Enamorada

En el escenario que es el mundo

el destino hizo que mi papel

fuera enamorarme de ti.

El tuyo, ser mi enamorada.

El principio fue cuando nos conocimos:

Me enamoré a primera vista.

Tú me hablabas con tanta inteligencia,

eras tan culta y tan bien te expresabas,

que no quería más que escucharte.

Tú te mostrabas tan entusiasmada,

que me atraías hacia ti.

Cielo... ¡Qué bien me sentí cuando

me dijiste que me amabas!

Tus halagos me descontrolaban.

Quiero seguir oyendo tus palabras.

Quiero seguir siempre a tu lado.

Hagas lo que hagas,

yo ahí estaré siempre apoyándote,

con mis brazos siempre abrazándote.

Y ten por seguro que nunca

pediremos que bajen el telón.

martes, 10 de xaneiro de 2023

Chegaches Ti, Así, Sen Pensar

 E así... sen pensar, chegaches ti...

Coma un lene murmurio

Soando perto de min...

Non te esperaba...

Non te buscaba... Mais...

O destino quixo que fose así...

Aínda non sei ben quen es...

De onde escapaches,

Nin cando pensas marchar...

Pero gústame este sentimento

Que nos atrapa, doce e suave

Coma os nosos bicos...

Roubados, furtivos, fugaces,

Ás carreiras e ás agachadas

Que tan ben nos saben...

E que me fan amarte

Máis alá do imprevisto,

Moito máis alá do inesperado...

Eternamente!!!