mércores, 28 de setembro de 2011

Un Sorriso Para Alegrar A Vida Dun Amigo

Para sermos amigos, non é preciso gustarmos das mesmas cousas...
Basta apenas, con facermos o outro sorrir...
Porque sorrir... Aínda é o mellor remedio contra todo...
E tamén é o mellor remedio de espantar a tristura...
Por iso, a cada novo día, abre o teu mellor sorriso
e corre atrás de seres feliz...

Sorrí ao despertares...
Sorrí ao veres o sol...
Sorrí ao sentires o vento na pele...
Sorrí aínda que sexa sen motivos...
Simplemente...Sorrí...

Mas... Non te escondas detrás dese sorriso...
Mostra todo aquilo que ti es...Sen medo...
Pois existen persoas, coma min, que soñan co teu sorriso...

A calquera distancia...En calquera instante,
é posible abrirmos o s ollos para dentro,
sintonizar o corazón e enviar un sorriso de amor...

Os amigos de verdade non precisan palabras...
Conversan só cos ollares...
E... Así... Da nada...
Un sorriso doce se abre
e é entón cando nos decatamos
de canto precisamos daquela persoa...

mércores, 21 de setembro de 2011

Cada Persoa Que Pasa Na Nosa Vida É Única

Cada persoa que pasa na nosa vida, pasa soa, porque cada persoa é única e ningunha substitúe a outra... Cada persoa que pasa pola nosa vida, pasa soa... Mas non nos deixa sós... Porque deixa un pouco de si e leva un pouco de nós...
Esa é a mais bela responsabilidade da vida, e a proba de que as persoas non se encontran por casualidade...
Charles Chaplin

Na vida temos momentos únicos... E por iso debemos depositar sempre todo o noso cariño, afecto, amor, alegría...
En fin...Todo aquilo que é necesario para que no futuro, as lembranzas non sexan apenas, máis do que lembranzas...
Por iso... Abrace, bique, dóese, comparta sorrisos... Dedíquese... Mergúllese no pracer da AMIZADE...
Sinta todas as emocións posibles...Arrísquese...
Porque sabemos que só hai unha vida...E nela tal vez haxa só unha oportunidade de sermos felices....

venres, 16 de setembro de 2011

A Nosa Vida É Unha Viaxe

Hai persoas que ven a vida como unha viaxe...Ao nacermos, chegamos nus... Sen nada... Mais para a tal viaxe necesitamos levar equipaxe...
Así, ao comezo da vida, cargamos apenas con un maletín de man... Pero pouco a pouco, a nosa bagaxe vai aumentando... Pois hai moitas cousas que vamos recollendo polo camiño e que pensamos que son importantes...
Pero, chegados a unha estación da nosa viaxe, comeza a ser imposible cargar con tantas cousas... Pesa demáis...Entón é necesario facer algunha escolla:
Ficar sentados á beira do camiño, a esperar que alguén nos axude, o que resulta difícil, pois todo o que pasa por alí xa leva a súa carga... Ou podemos aliviar o peso...Valeirar a maleta...

Mais... Que imos tirar??? ... Pois... Moi fácil: botaremos para fóra a rabia, a incomprensión, o pesimismo, o medo... E deixaremos dentro a amizade e o amor, que non pesan...
Despois, con un sorriso quitaremos a tristura e procuraremos meter paciencia, esperanza, entusiasmo, tolerancia... Con bo humor tamén deixaremos de lado a preocupación, e gardaremos equilibrio e responsabilidade...
E a maleta está outra vez preparada para continuar a aventura da vida...
Mas isto non acaba así... Isto terémolo que repetir máis veces...Pois, a nosa vida, é unha longa, longa viaxe...
Aínda que o mellor de todo sería rematar como dicía o gran Antonio Machado: 

    Yo, para todo viaje
   -siempre sobre la madera
    de mi vagón de tercera-,
    voy ligero de equipaje…

 …Y cuando llegue el día del último viaje,
 y esté al partir la nave que nunca ha de tornar,
 me encontraréis a bordo ligero de equipaje,
 casi desnudo, como los hijos de la mar.

domingo, 4 de setembro de 2011

A Nosa Vida É Un Camiño

Existen persoas que ven a vida coma unha senda que hai que percorrer...Ás veces, nese noso camiño, encontraremos obstáculos que hai que salvar...Podemos atopar persoas que queiran nos derrubar, ou podemos cair polo nosso propio pé... Mais aínda así non debemos rendernos...Temos que continuar a nosa camiñada...Sempre cara adiante...




Seguramente, se levantamos os ollos, no noso ceo sempre haberá unha estrela...Unha man amiga, que brillará para nós, e que nos axudará a levantarnos e volver a camiñar para salir da escuridade...