xoves, 30 de decembro de 2021

Feliz 2022! Dun Futuro Incerto Ata Un Porvir Mellor

 Nestes poucos días que quedan para que remate o ano, non sabemos ata que futuro incerto nos conduce a vida!

Sempre é bo lembrar que ningún camiño de flores conduce ata a gloria. Por iso, desexando que sempre haxa unha luz iluminando o noso vieiro, anímovos a continuar no empeño emprendendo unha nova busca deica un porvir mellor.

¡Feliz Ano Novo 2022, Amigos Cameleiros!

venres, 24 de decembro de 2021

No Nadal Palabras De Bos Desexos Para Vós, Amigos Cameleiros!

E case sen pensar xa está aquí O Nadal! E con el chegan tamén os meus mellores desexos para vós, Amigos Cameleiros.

 Que sigamos cos nosos poemas e pensamentos, tonificando a mente e sosegando a alma. Pasiño a pasiño, voando ata o infinito. Feliz Nadal, Cameleiros!
CLICADE NO VÍDEO PARA COÑECER AS PALABRAS DE NADAL:

sábado, 11 de decembro de 2021

O Frío Trae A Fin Do Outono

Síntese frío no ambiente, e con el a fin do outono está a chegar.

Na nosa retina ficarán por longo tempo esas brillantes cores que tanto nos aledaron nos nosos paseos. 

O vento e a choiva levarán lonxe as follas que agora pisamos…Mais non fico tristeira… Só un tempiño con outras paisaxes e axiña as flores, paxaros e bolboretas estarán de volta para poñer unha raiola de sol na nosa alma…

Mary Carmen