sábado, 30 de decembro de 2023

Desexos Dun Venturoso 2.024 Cheo De Sorrisos!

Dentro de moi poucas horas toca despedirnos dun ano para recibir outro. Os meus desexos de que 2.024 sexa venturoso e feliz!!!

Que os nosos días se enchan de felicidade e sorrisos compartidos con familiares e amigos de preto ou de lonxe! E que cada momento vivido sexa a oportunidade para crear lembranzas inesquecibles!!!

domingo, 24 de decembro de 2023

Feliz Nadal 2.023, Camelieiros e Amigos!

E de súpeto, como quen non quere a cousa, O Nadal asómase ao  mundo. Feliz Nadal!

E con el, o anhelo de que, cada día,  neste camiño que é a vida, chegue a nós o feitizo e agarimo destes días cheos de suspiros, Música, desexos, encontros e abrazos.

E velaquí Os Meus Desexos para Todos Vós, Amigos e Camelieiros.

xoves, 14 de decembro de 2023

Atrapada Na Tea De Araña E Maxia Dos Teus Bicos

 E velaquí continúo eu atrapada na tea de araña do último bico que nos demos...

Tantos e tantos eran os teus bicos neses nosos fugaces e doces encontros que nen era quen de contalos... Só sei que tremía por estar preto de ti..

Mais agora...Tan distante e lonxano...  Se algún día queres buscarme... Faino á tardiña e polos recunchos máis escondidos… 

Xa sabes que non son de estar exposta á luminosidade do día... Procúrame naquelas corredoiras sempre á beira do río por onde pescudamos a maxia dun amor tan intenso coma o noso...

Búscame nas notas máis tristes, e tamén suaves e doces, dalgunha daquelas nosas cancións que xuntos tantas veces entoamos... E que ficaron alí no noso recuncho... Á nosa espera...

Cántaas aló polo luscofusco ollando sempre cara algún bonito solpor sobre a ría. 

Esa ría que, ti sabes tan ben coma min, foi testemuña dos nosos encontros. E que alí, sonora e risoña, aínda está á nosa espera... 

IMOS???