mércores, 30 de marzo de 2022

Coros Pola Paz Na Praza Da Ferrería, Pontevedra

 No domingo 27 de marzo celebrouse un encontro de corais en Pontevedra, baixo o Lema: Coros Pola Paz.

Interpretouse conxuntamente Dona Nobis Pacem de Wolfgang Amadeus Mozart.

 

E tamén Va Pensiero de Giuseppe Verdi.

O marco foi a incomparable Praza da Ferrería.

 Ao final do evento non faltou a foto de lembranza desta xuntanza por unha boa causa.

CLICAR AQUÍ E VER MÁIS FOTOS DO EVENTO

luns, 21 de marzo de 2022

No Día Mundial Da Poesía: Camelia Branca Do Ar

 E no día mundial da poesía volvo deixar un fragmento do poema que dá título a este meu blog onde deixo parte dos meus sentimentos e doutros poetas que sempre forman parte de min.

 Chove en Santiago

meu doce amor.

Camelia branca do ar

brila entebrecida ó sol.

Federico García Lorca

martes, 8 de marzo de 2022

Camelias Brancas No Noso Día, Muller!

 Camelia, camelia branca,

Coa túa beleza sen par

Sempre estás ao meu carón.

Sabes que con só mirarte

Fascinas o meu pensamento

Que voa e voa, quen sabe ata onde...

E, ti, sobre as ás do vento

Érgueste e viaxas alén do mar

Para cos meus ausentes falar

E ouvir o seu doce cantar.

Mary Carmen