E velaquí continúo eu atrapada na tea de araña do último bico que nos demos...
Tantos e tantos eran os teus bicos
neses nosos fugaces e doces encontros que nen era quen de contalos... Só sei
que tremía por estar preto de ti..
Mais agora...Tan distante e lonxano... Se algún día queres buscarme... Faino á tardiña e polos recunchos máis escondidos…
Xa sabes que non son de estar exposta
á luminosidade do día... Procúrame naquelas corredoiras
sempre á beira do río por onde pescudamos a maxia dun amor tan intenso coma o
noso...
Búscame nas notas máis tristes, e
tamén suaves e doces, dalgunha daquelas nosas cancións que xuntos tantas veces
entoamos... E que ficaron alí no noso recuncho... Á nosa espera...
Cántaas aló polo luscofusco
ollando sempre cara algún bonito solpor sobre a ría.
Esa ría que, ti sabes tan ben coma
min, foi testemuña dos nosos encontros. E que alí, sonora e risoña, aínda
está á nosa espera...
IMOS???
Ningún comentario:
Publicar un comentario