venres, 25 de xuño de 2021

A Flor Da Chumbeira Trae 175.000 Visitas! Grazas!

A chumbeira ten pinchos como a vida mesma!

 Mais tamén presume de ter flores, como a vida mesma!

E que flores! 

A min admiráronme!

A chumbeira, ela, que xenerosa ofrece gratuitamente o seu froito a quen preto dela pasar...

E a vós, que por aquí pasades, moitas grazas polas visitas! Máis de 175.000!

xoves, 17 de xuño de 2021

Unha Manchea De Fermosura Branca

 Nas miñas correrías por aí

Ao chegar a primavera

Sáenme ao paso flores á manchea...

Extasiada contémploas

E déixoas alí estar

Cos seus pétalos de cores

Para min a ollar.

 

Algunha mesmo ousa me desafiar

Coma esta fermosura branca.

Coqueta, ela balancéase no ar

E fica fachendosa e presumida

Ao saberse a escollida do meu cismar.

xoves, 10 de xuño de 2021

Máis de 165.000 Visitas! Grazas Volvoreta Do Ar!

E grazas á vosa presenza en Camelia Branca do Ar chegamos a máis de 165.000 visitas!!! Moitas Grazas!

Volvoreta do ar,

Que fermosa es,

Volvoreta do ar

Dourada e verde.

 

Luz do candil,

Volvoreta do ar

Quédate aí, aí, aí!...

 

Non queres parar,

Parar non queres.

Volvoreta do ar

Dourada e verde.

 

Luz do candil,

Volvoreta do ar

Quédate aí, aí, aí!...

 

Quédate aí!

Volvoreta, estás aí?

Federico García Lorca

venres, 4 de xuño de 2021

Flores de Cores: Azuis, Amarelas, Brancas, Alaranxadas

Cando camiño fóra da cidade

Elas, as flores silvestres,

Están sempre aí...

Á miña beira.

Vermellas, brancas, amarelas, alaranxadas, ...

Gústame velas a todas elas.

Mais as azuis encántanme,

Tócanme a fibra sensible...

Non sei ben o porqué...

Quizás porque a súa cor,

Espello e reflexo do ceo,

Elévame máis preto del.

Elas que nunca voaron

Nin despegaron do chan...

Aínda que... Espera...!

Aí chega o vento...

Fai maxia co seu alento,

E, co seu soprar,

Os pétalos escapan

E semellan paxaros

Ceibes no ar.

Ai! Quen puidera con eles deixarse levar

E polo ceo poder voar!