venres, 16 de xuño de 2023

Sen O Teu Sorriso Que Baixen O Telón! Punto Final!

 E isto, pouco a pouco, vai languidecendo

Ata chegar á súa extinción!

Agora xa non haberá máis sorrisos para min...

Porque agora que o teu ollar ten outra dirección...

O teu sorriso pícaro coincide

Con beizos que non son os meus...

Xa non haberá pola miña parte

Máis toques de atención...

Os anteriores non tiveron efecto ningún...

Entón... para que continuar

Se ti nin lles prestas atención???

Porque cando unha está esgotada de loitar

Xa non ten máis palabras que dicir...

Xa non ten máis música que amosar...

Só unha terrible dor

No máis profundo de min

Que me esgaza a alma...

E moitas bágoas nos ollos

A punto de asomar

En calquera instante...

Só tes que me ollar!

Pero, claro... NON O FAS!

Entón terei que, esta vez de verdade,

Apagar a luz e dicir que

BAIXEN O TELÓN!

PUNTO FINAL!!!!!!

luns, 5 de xuño de 2023

Por Ti Son Outra Persoa

E de sempre sabes que mesmo sen fechar os ollos

Soño contigo...

E que cando estás perto de min

Todo en min se descontrola.

Algunha cousa estremece o meu corazón.

E todo en min se transforma.

Non son eu...

Son totalmente outra persoa.

Sabes que son os teus bicos os culpables...

Sabes que a túa risa e a túa retranca

Fanme esquecer as cousas máis tristes

E que todo en ti faime perder a cordura.

Non son eu...

Por ti son outra persoa...

Esa mesma que pensa que os teus brazos,

O meu recuncho preferido,

Acubillan para min o lugar máis agarimoso do mundo...

E é que xa sabes que cando estás perto de min...

Non son eu...

Son outra persoa...