sábado, 26 de novembro de 2011

Flores: Rosas e Toxos Na Nosa Vida

Hai veces na nosa vida en que todo parece que nos sorrí... Todo fica ben ao noso arredor... Hai harmonía... Estamos en paz coa natureza, e con nós mesmos... E entón, a vida seméllanos un camiño de rosas... E mesmo hai xente que fala ben de nós... Que lle gusta o que facemos, e que nos piropea... Que nos bota flores...E a nosa alma irradia felicidade...

Mais... Todo é pasaxeiro... As flores... Os piropos van e veñen... Veñen e van... E hai veces en que a nosa  vida se transforma nun camiño difícil de atravesar... Só hai atrancos... Todo son toxos a nos circundar...
Mais coa axuda dos amigos, aínda podemos ver o sol, que continúa ahí, encima nosa, a nos quentar e a nos alumar para que nunca desistamos de vivir a vida e de sermos felices...

xoves, 24 de novembro de 2011

A Beleza Sae Ao Meu Encontro

Eu non podo ficar quieta... Eu preciso de camiñar... O meu corpo pide movemento... Entón, saio da casa e vou por aí... A procurar esquecer... A procurar non pensar en nada...
E é entón cando a beleza do que me rodea sae ao meu encontro... E é entón cando me decato do bonito que é ver o sol nacer na brillante alborada... Ver as augas dos ríos correr, calmas ou  bravas, debaixo das pontes sobre as que paso...
 Escoitar os paxaros nas árbores arrolar... E alá polo luscofusco, ollar o sol escapar polo horizonte, nun doce e lento solpor... 
E é entón que sinto que quero vivir... E escollo vivir... Vivir en harmonía con todo o que está perto de min...    E escollo amar a persoas que me amen... E escollo ter amigos de verdade... E agora que o penso... Penso que escollín con xeito... Creo que a miña escolla foi atinada!!       
                                              

domingo, 20 de novembro de 2011

Camiñar: Sós?... Ou... En Compañía?

Hai ocasións na nosa vida en que parece que temos que camiñar sós... Sen ninguén ao noso lado...
Às veces, mesmo somos nós a buscar o estarmos en soidade... E case non sentimos nada....
Só estamos aí, sós,  cos nosos pensamentos... A continuar camiñando...
Apenas contemplando a paisaxe outonal que nos rodea e no que queremos mergullarnos...
Todo ten o seu encanto...
Outras, en cambio, buscamos con afán os nosos amigos... Queremos telos moi perto...
E entón, no noso ceo, non hai nen unha soa nube gris... Todo é azul... Ou... Azul e branco... Ou só branco!!
Un branco tan branco que non hai lugar para ningún pensamento negativo... Todo está ben!!
E continuamos a percorrer o noso camiño... Mas agora co corazón palpitando de alegría no noso peito...
Ese é o poder máxico dos amigos!!

xoves, 17 de novembro de 2011

Coraxe e Confianza Para Sortear Os Obstáculos Da Vida

Penso que a todos nos gusta vivir a vida... A mim, particularmente, non me gusta esperar sentada na porta da casa a ver a vida pasar... Mas, ás veces, como dicía Shakespeare, as dúbidas son traidoras, e fannos perder o que con frecuencia poderiamos gañar, simplemente por medo a arriscarnos... E case preferimos quedar arredados, ficar á marxe de todo...
Por iso son da opinión de que aínda que nos encontremos con algúns atrancos no noso camiño, non debemos ter dúbidas, debemos ter  capacidade de decisión e saltar por riba deles, sen medo a arriscar, sen medo a ficar magoados... Peor é non tentar... O que hai máis alá dese obstáculo, a nosa vida, merece a pena de ser vivida...
Outras veces, é o noso camiño na vida que nos leva por carreiros dificultosos, e mesmo nos parece que non hai ningunha saída... que non podemos camiñar máis,que non podemos dar un só paso máis...Que temos que recuar ou ficar aí parados, estáticos, para sempre... Mas con coraxe e confianza no futuro, podemos buscar nós esa saída... 
 Sempre encontraremos un oco onde pousar o noso pé, unha man amiga para nos afianzar e poder dar o paso seguinte... con coraxe... E con confianza sempre!!!

mércores, 16 de novembro de 2011

Camiñar Pola Vida Con Confianza

O camiño da nosa vida está feito de pequenos momentos... Mais ás veces, deixamos pasar o momento, aquel instante emotivo e do que distrutariamos tanto, por falta de confianza na outra persoa, ou en nós mesmos...
Mais non podemos camiñar pola vida, vestidos con unha armadura para nos proteger dos espiños do camiño... Pois con iso tamén perderiamos a suavidade de un gesto de cariño, dos que ao noso lado camiñan...
 Por iso, hai que confiar, acreditar, e seguir no sendeiro da vida con precaución, con coraxe, sí... Mais tamén con confianza... Con confianza de que todo vai sair ben!!...
Se queremos ... Podemos!!

sábado, 12 de novembro de 2011

O ser Humano: Unha Contradicción

Non hai nada máis contradictorio que o ser humano: Gústanos a vida, e nela gústanos camiñar sempre en frente e con compañía...Pero ás veces, dar un paso máis, ir máis alá implica caír polo precipicio... Entón decidimos non facer nada, quedarnos quietos como estatuas de sal, para non dar un paso en falso...
 Non queremos quedar magoados, nin tampouco queremos que os demais caian connosco ao abismo...

mércores, 9 de novembro de 2011

Barreiras De Lume

Hai momentos na nosa vida en que sentimos que todo nos é tan difícil, que se nos fai case imposible poder camiñar, poder avanzar... Só encontramos obstáculos diante de nós, no noso camino...
Eses obstáculos, ás veces, son como barreiras de lume... Queiman tanto que pensamos que son imposibles de superar...
Mais temos que ter confianza en nós mesmos e pasar... Saltar por riba deles... Deixándoos atrás, así, simplemente... Con un pulo... E... Alehop!! Barreira superada!!
E... Así de fácil... Podemos permitirnos o ser inmensamente felices!!

Foto: Américo Vieira

xoves, 3 de novembro de 2011

Os Amigos Son Pontes

Na nosa vida sempre vamos precisar dos amigos. Xente que sexa capaz de nos indicar direcións, que sexa quen de buscar a senda certa pola que temos que pisar... 
 Persoas que poidan despertar o que temos de mellor no noso interior e axudarnos a deixar atrás todo o que sexa indesexable, e que supoña unha carga para nós...
 Sempre é mellor camiñar lixeiros, sen rémoras que atrasen o noso ritmo, que retarden a nosa marcha...
É bo ter amigos, eles son as pontes que nos axudan a pasar mellor sobre o río da vida... Eles son as pontes que nos fan chegar máis alá de nós mesmos, aos lugares máis distantes...
As augas do río da vida, ás veces pasan calmas... Mas ás veces son augas turbulentas e as cordas desa ponte que son os amigos, as súas mans mantéñennos firmes no noso camiño... 
 Eles anímannos a continuar, a seguir sempre en frente, para conquistar axiña a outra beira do río, sen renunciar a todo o mellor que na vida podemos atopar...