E de sempre sabes que mesmo sen fechar os ollos
Soño contigo...
E que cando estás perto de min
Todo en min se descontrola.
Algunha cousa estremece o meu corazón.
E todo en min se transforma.
Non son eu...
Son totalmente outra persoa.
Sabes que son os teus bicos os culpables...
Sabes que a túa risa e a túa retranca
Fanme esquecer as cousas máis tristes
E que todo en ti faime perder a cordura.
Non son eu...
Por ti son outra persoa...
Esa mesma que pensa que os teus brazos,
O meu recuncho preferido,
Acubillan para min o lugar máis agarimoso do mundo...
E é que xa sabes que cando estás perto de min...
Non son eu...
Son outra persoa...
Ningún comentario:
Publicar un comentario