Somos dúas almas que se acharon agora e que se recoñeceron por ter vivido xuntos, intensamente, miles de anos atrás.
Os nosos corazóns, co ritmo acelerado, escoitan a melodía interpretada polo vento... Sí... Ese mesmo vento que antano nos aloumiñaba e era testemuña do noso amor.
Cando nos xuntamos, apenas eses miserentos instantes que nos deixan, todo se aleda e se desboca pola intensidade dos nosos doces bicos... Pola suavidade dos nosos aloumiños e a paixón das nosas apertas cálidas e eternas.
Despois o sorriso perdura nas nosas facianas durante días amosando a innegable pegada da felicidade por sabérmonos o un para o outro, inaccesibles aos atrancos...
Máis tarde, ao contemplar a choiva caer, e, esmorecendo polo degoiro de ti, os suspiros foxen de min e arrebolan no ar... Ás carreiras... Proferindo o teu nome no arrecendo da tarde...
Xa sabes que sempre estarei agardando por ti!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario