sábado, 30 de outubro de 2021

No Samaín Os Calacús Enfeitan Pontevedra

 Xa está aquí O Samaín... O tempo no que festexamos a fin do verán e o comezo dun novo ciclo, con días de transición, en que os espíritos dos mortos andan entre nós...

Co Samaín chegan ata a nosa memoria vellos ritos e costumes, e, con eles, aparecen as cabazas, botefas e os calacús a engalanar as casas, escolas e lugares polos que pasamos. E Pontevedra non fica atrás.

O bo é que eses costumes se manteñan e non se perdan.

sábado, 16 de outubro de 2021

Sutil Danza Da Abella Na Flor De Outono

 Ainda que é Outono, nestes días solleiros,  non é imposible  atopar escenas coma esta na que as abellas, nunha sutil danza de cores, viaxan ata as flores e ofrécennos espectáculos tan bonitos coma este. Que marabilla!

martes, 5 de outubro de 2021

Xa Temos Aquí O Outono

 Xa temos aquí O Outono. Ese tempo de renovación.

 O tempo en que as mans artesáns da Nai Natureza póñense a traballar e adornan o chan con bonitos tapices feitos de follas multicolores. Se os pisas oirás o seu ruxerruxe cantarín para aledarche a alma.