martes, 27 de abril de 2021

Beleza De Pétalos Amarelos

 Emocionada contemplo esta flor

Cos seus amarelos pétalos

A ollar para min.

Ela está alí no medio do monte

Acompañada por outras

A ela semellantes.

Cando o toque suave

Da brisa que ven do mar,

Que está alí tan preto,

Toca a súa pel,

Ela móvese ao compás

Das ondas que veñen e van.

Sabe que a súa cor

Atrae todas as olladas,

Por iso ela sorrí, coqueta,

Sabedora do seu magnetismo.

sábado, 17 de abril de 2021

Fervenza Imperturbable, Inamovible E Chea De Beleza

 Aquí estou unha vez máis a contemplar as marabillas dos ríos desta nosa Galicia.

 A auga, fonte de vida en forma de fervenza, escorre pola montaña remontando os obstáculos da súa bacía.

Un verdadeiro festín para os sentidos ollala escorregar lixeira coma un lóstrego.

Ruidosa e ao mesmo tempo apracible, capaz de amansar os peores demos que levemos dentro...

Eu marcho e ela alí fica por sempre imperturbable e inamovible.

Allea ao discorrer das horas, dos días, dos anos e dos séculos...

Mais sempre chea de beleza!

Mary Carmen

sábado, 10 de abril de 2021

Ao Olmo Vello

 Ao olmo vello, fendido polo raio
e na súa metade podre,

coas chuvias de abril e o sol de maio
algunhas follas verdes lle saíron.

Antonio Machado