xoves, 30 de setembro de 2021

Desfacer O Misterio Nos Túneis De Verdor

 Ás veces no noso camiñar xurden diante de nós túneis cheos de verdor. Algo instintivo tira de min e atráeme ata eles. Achégome, e non dubido en entrar para desfacer o seu misterio.

Alí non hai portas nin fiestras que abrir e pechar. Alí só atopamos follas e follas ao noso redor. Follas  que nos sumerxen en mares inesperados onde a nosa fantasía bota a voar.

Mary Carmen

xoves, 23 de setembro de 2021

Unha Balada Nos Labios E O Sorriso Nos Ollos

Levo pola miña estrada longa

unha balada nos labios.

Un sorriso nos ollos

e o corazón na man.

Levo pola miña estrada longa

unha balada nos labios...

E non importa que te acerques,

soidade do desencanto.

Non hei de te ver porque levo

o corazón na man,

o sorriso nos ollos

e a balada nos labios...

Gastón Figueira

xoves, 16 de setembro de 2021

Tocar O Corazón Das Persoas

 Non sei se a vida é curta ou longa demais para nós. Mais sei que nada do que vivimos ten sentido, se non tocamos o corazón das persoas.            Cora Coralina

Moitas Grazas por estar aí ata máis de 220.400 visitas!!

luns, 6 de setembro de 2021

Coma A Traizón, A Fin Do Verán Está A Chegar

 A fin do verán, coma tódolos anos no mes de setembro, está a chegar...

O sol xa non quenta coma antes e o azul do ceo xa non é tan intenso. De súpeto, como a traizón, nas tardes deste setembro o tempo faise máis gris, con nubarróns alá no alto, que non me deixan ver o celeste do ceo.

 Xa nin pensar en achegarme ata a praia ben de mañanciña...

 A brisa xa é máis fresca, e xunto coa brétema, retrasa o momento en que a area sinta o meu pé descalzo.