domingo, 28 de febreiro de 2021

150.000 Visitas, Moitas Grazas!

 E xa pasamos das 150.000 visitas! Dende Camelia Branca do Ar só podemos dicir: ¡Moitas Grazas!

 Xa que estamos nesta vida de pasada, aproveitemos a lixeireza e a paisaxe.

Karin Raphaella Silveira

mércores, 24 de febreiro de 2021

No Día da Nosa Rosalía

Pasa, río, pasa, río,
co teu maino rebulir...

Pasa, pasa caladiño,
co teu manso rebulir,
camiño do mar salado,
camiño do mar sin fin;
e leva estas lagrimiñas,
si has de chegar por alí,
pretiño dos meus amores,
pretiño do meu vivir.

Rosalía de Castro

venres, 12 de febreiro de 2021

Nubes Grises En Ceo Azul

 No ceo azul radiante

Algunhas nubes grises

Comezaban a aparecer.

 As casas, só paredes,

Permanecían alí, en ruínas,

Devastadas polo abandono

E a dor do esquecemento.

E os que por alí pasaban, coitadiños,

No medio daquel incómodo silencio,

Semellaban convertirse

En sombras, solitarias pantasmas,

Que por alí vagarán

Arrastrando as súas cadeas

De noite e sen cesar.

Mary Carmen

sábado, 6 de febreiro de 2021

Auga Inerte En Días De Inverno

 Días de inverno na árida Castela... 

Neva todo ao meu redor...

Na fonte a auga, que uns días antes

caía gota a gota, paseniño,

toda ela mansiña,

nunha caída que non tiña fin,

agora fica alí, pendurada,

inmóbil, inerte...

Sen comezo nin retroceso algún...

 E é que na distancia todo arrefría

e, de tanto frío, custa respirar...

E con estes días de tolemia

Ata a alma se conxela...

Xa non hai risas...

O tempo non perdoa,

todo el está roto

nestes días atípicos

de penas sen fin.

Sol, achégate axiña onda min!

Mary Carmen