xoves, 30 de decembro de 2021

Feliz 2022! Dun Futuro Incerto Ata Un Porvir Mellor

 Nestes poucos días que quedan para que remate o ano, non sabemos ata que futuro incerto nos conduce a vida!

Sempre é bo lembrar que ningún camiño de flores conduce ata a gloria. Por iso, desexando que sempre haxa unha luz iluminando o noso vieiro, anímovos a continuar no empeño emprendendo unha nova busca deica un porvir mellor.

¡Feliz Ano Novo 2022, Amigos Cameleiros!

venres, 24 de decembro de 2021

No Nadal Palabras De Bos Desexos Para Vós, Amigos Cameleiros!

E case sen pensar xa está aquí O Nadal! E con el chegan tamén os meus mellores desexos para vós, Amigos Cameleiros.

 Que sigamos cos nosos poemas e pensamentos, tonificando a mente e sosegando a alma. Pasiño a pasiño, voando ata o infinito. Feliz Nadal, Cameleiros!
CLICADE NO VÍDEO PARA COÑECER AS PALABRAS DE NADAL:

sábado, 11 de decembro de 2021

O Frío Trae A Fin Do Outono

Síntese frío no ambiente, e con el a fin do outono está a chegar.

Na nosa retina ficarán por longo tempo esas brillantes cores que tanto nos aledaron nos nosos paseos. 

O vento e a choiva levarán lonxe as follas que agora pisamos…Mais non fico tristeira… Só un tempiño con outras paisaxes e axiña as flores, paxaros e bolboretas estarán de volta para poñer unha raiola de sol na nosa alma…

Mary Carmen

domingo, 28 de novembro de 2021

Morriña De Outono En Ruxerruxe De Follas

 Estamos de novo inmersos na morriña que nos trae este tempo de outono onde o sol xa non nos quece coma nas tardes de verán.

Pero non cabe dúbida de que tamén atopamos a ledicia de camiñar sobre o ruxerruxe  colorido da alfombra de follas espalladas por camiños e rúas. 

 E que diferente o arrecendo da terra mollada pola chuva que persiste en caer e caer sobre nós... Saes camiñar, ves a paleta colorida da natureza e non pensas en nada máis…


 Mary Carmen

sábado, 30 de outubro de 2021

No Samaín Os Calacús Enfeitan Pontevedra

 Xa está aquí O Samaín... O tempo no que festexamos a fin do verán e o comezo dun novo ciclo, con días de transición, en que os espíritos dos mortos andan entre nós...

Co Samaín chegan ata a nosa memoria vellos ritos e costumes, e, con eles, aparecen as cabazas, botefas e os calacús a engalanar as casas, escolas e lugares polos que pasamos. E Pontevedra non fica atrás.

O bo é que eses costumes se manteñan e non se perdan.

sábado, 16 de outubro de 2021

Sutil Danza Da Abella Na Flor De Outono

 Ainda que é Outono, nestes días solleiros,  non é imposible  atopar escenas coma esta na que as abellas, nunha sutil danza de cores, viaxan ata as flores e ofrécennos espectáculos tan bonitos coma este. Que marabilla!