Escríbesme e disme que estás a pasear polo meu areal favorito, buscando o meu aroma, nese lugar emblemático para min, e do que tantas e tantas veces che falei...
E eu, que por
alí estaba, de súpeto tropezo contigo, así, sen avisar...
E é que o meu corpo, ti xa o sabes, anda sempre á busca das túas moléculas e soubo dirixirme onda ti.
Dende aquela primeira vez, uns anos atrás en que me impregnaron, naquela praia da túa nenez, a miña alma saudosa só procurou pola túa...
Atopámonos...
As nosas almas recoñecéronse doutra vida pasada... E... aquí estamos...
O agasallo do teu sorriso, ao verme, todo un tesouriño para min, foi a mellor cousa do día enteiro!
Ningún comentario:
Publicar un comentario