venres, 31 de marzo de 2023

Almas A Escoitar O Doce Aloumiño Do Vento

Somos dúas almas que se acharon agora e que se recoñeceron por ter vivido xuntos, intensamente, miles de anos atrás.

Os nosos corazóns, co ritmo acelerado, escoitan a melodía interpretada polo vento... Sí... Ese mesmo vento que antano nos aloumiñaba e era testemuña do noso amor.

Cando nos xuntamos, apenas eses miserentos instantes que nos deixan, todo se aleda e se desboca pola intensidade dos nosos doces bicos... Pola suavidade dos nosos aloumiños e a paixón das nosas apertas cálidas e eternas.

Despois o sorriso perdura nas nosas facianas durante días amosando a innegable pegada da felicidade por sabérmonos o un para o outro, inaccesibles aos atrancos...

Máis tarde, ao contemplar a choiva caer, e, esmorecendo polo degoiro de ti, os suspiros foxen de min e arrebolan no ar... Ás carreiras... Proferindo o teu nome no arrecendo da tarde...

Xa sabes que sempre estarei agardando por ti!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!

martes, 14 de marzo de 2023

Agora O Silencio É A Miña Compañía

 E agora… Ti xa tes outra compañía e xa non me buscas… Pero cando chega ese día da semana en que nos atopábamos alí estou eu no noso lugar de encontro… 

Aínda que agora ti nunca chegas…

Pero eu sigo alí co sorriso posto botando millo ás pombas.

Non me importa que haxa nubes,

Non me importa que o sol non luza coma antes…

Nin sequera a húmida presenza da chuva me incita a marchar…

Eu manteño a vista posta no lugar por onde sempre aparecías…

Esperando a sombra da túa silueta, anhelando o son da túa voz.

Pero, a imaxe nunca xurde e o silencio é a miña única compañía.