domingo, 26 de xuño de 2022

Tardes De Emocións Sen Coiraza Ós Pés Dos Cabalos

 Lembro aquelas tardes contigo... Aqueles momentos de nervios, de risas e emocións pasados deixándonos levar pola beira do río... buscando un recuncho escondido...

As mans entrelazadas, o corazón palpitante e... só... ficar así, quedos, abrazados, escoitando un o son do latexo do outro... Sen máis... Xa eramos felices... 

Agora dentro de nós comeza a agromar a palabra despedida... Si, ela vaise achegando paseniño... E non trae luz... senón escuridade á miña alma espida da coiraza que deixei a un lado só porque ti entraras na miña vida... Agora, incapaz de volver a poñela enriba, fico feble e vulnerable aos pés dos cabalos que sempre quixeron derrubarme... E por fin, conseguírono!

xoves, 16 de xuño de 2022

Con Dúbidas Escolle O Sorriso No Ollar E A Prioridade Do Amor Sobre A Maña

 Tes dúbidas? Pois eu téñoo moi claro: queda con quen cada día che dedique o mellor dos seus sorrisos, un sorriso deses de orella a orella e que se reflicte nun ollar  brillante e luminoso. Un ollar que só olla para ti... Ti, e só ti estás no seu punto de mira... 

Queda con quen no medio dunha multitude sabe buscarte, localízate, sabe sempre onde estás e non deixa de ollar para ti, só preocupado por se ti estás a pasalo ben, ou non... 

 Queda con quen, ainda que teña que estar ollando enfrente, se ti estás á súa esquerda, está a ollar para a esquerda... onde ti estás, aínda que os demais, mesmo ti, fiquen a ollar enfrente... 

Queda con quen nunca pensa en si mesmo... só pensa en ti... ti es a súa prioridade... Queda con quen chega mesmo a arriscar a súa vida para estar contigo onde queira que ti estás...

Queda con quen non dubida de ficar contigo para ir camiñar, aínda que teña un compromiso minutos máis tarde, nunha localidade lonxana, pero decide ficar contigo para non estares soa...

El xa irá algo máis tarde a voar na súa moto...(pensas ti...)

 En fin... ti xa sabes con quen quedar... Iso téñoo ben claro:  non o vas deixar escapar... Ti non queres que sexa libre... Senón que estea baixo o teu dominio... E... polo que se ve estalo a conseguir... Ti gañas sempre! Sabes como conseguilo, verdade?

 Nós, as que só queremos e damos amor, fronte á túa maña, ficamos de lado...

sábado, 11 de xuño de 2022

Capaces De Facerme Acadar 305.000 Visitas, Moitas Grazas!

 En nadiña, coa vosa presenza, fostes capaces de facerme acadar máis das 305.000 Visitas! Moitas Grazas!

A primavera está case a se despedir... Eu déixome arrolar polas ondas do mar mentres sinto a calor da raiola do sol sobre a miña pel... antes de que se perda e desapareza no horizonte... E é que hai momentos tan lindos que non se pagan con cartos!

venres, 3 de xuño de 2022

Cargar Co Mellor E Sacudir Lastres Do Camiño

Querida amiga: que ben que estás aí para escoitarme!

Gústame que me coñezas agora cando vou cargado co mellor de min… pois os lastres do meu camino xa os fun sacudindo…

Así e todo…Teño saudade de certas lembranzas... pois a meirande parte delas foise extraviando na miña tumultuosa vida…

 Para ti Xoán, Amigo! Grazas pola túa amizade e por partillar palabras e algúns minutos da túa vida comigo!