martes, 11 de abril de 2023

Pensar Que Nunca Me Foi Tan Doado

E pensar que nunca me foi tan doado entablar unha amizade como me sucedeu contigo… Era tan agradable oírte falar, deixar pasar os minutos parolando contigo… Aínda que fose de nimiedades, cousas sen importancia… Pero... É que eras ti…

E pensar que nunca me foi tan doado e rápido deixar que uns brazos me acubillasen como aconteceu contigo…E eu toda estrañada de que necesitara así desa maneira, a túa aperta cálida e sincera… E é que eras ti…

E pensar que nunca me foi tan doado e rápido deixarme bicar por uns labios como sucedeu contigo… Inexplicablemente, a miña boca necesitaba a túa, imperiosamente… Chamábate ata min… E… Así aconteceu… Só porque eres ti!... Pero... Non meu...!