luns, 28 de agosto de 2023

Palabras Meigas Para Sermos Felices

Xa hai un tempo que non escribo...

Entón púxenme a pensar un tema e...

Onte, así, como quen non quere a cousa,

Lembreime de ti... das túas palabras...

Anque ti agora parezas fuxir de min e rexeitarme...

Tan distante e alonxado de min, que,

Nin unha ollada dirixes ata onde eu estou...

 

Agora gústache ficar en segundo plano

Mentras eu, intranquila con este teu novo

Plan, languidezo polos recunchos

Afanándome en esquecerte.

 

E dóeme todo aquilo que estivo a piques de ser pero

Non foi... nin trazas ten de selo no futuro...

E aínda así, estando tan perto, pero tan lonxano,

Un poder misterioso

Atráeme e aférrame a ti.

 

É asombroso, pero trato de loitar contra el!

Pois hai que baixar á terra

Lentamente e voltar á cruel realidade...

 

Ata pensei en coller e deixarte ir...

Mais o meu corazón insiste e persiste

E non deixa de insistir ... E ponse

A teimar nas túas palabras

Tan doces e meigas...Nas que

Relatas os teus sentimentos... Sí...

 

Aquelas que, co teu don de poeta,

Tan docemente me namoran... E

Así, sen premeditalo,

Irremediablemente a miña alma volta  a ti...

Coma aquel día en que simplemente me preguntas:

"Non viches que linda está a Lúa hoxe??

Coma ti cando o vento te aloumiña!!!"

E xa desarmaches todos os meus  argumentos...

E só podo deixarme levar e escoitar o vento

Zoar na miña ventá...

 

Ti daste conta das miñas dúbidas e

Mesmo te atreves a preguntar:

Non temos dereito a sermos felices???

A poder amosar ao mundo que te quero

E que me queres???

 

Ríos de emocións encontradas  percorren o meu corpo.

Tanto que a miña alma ponse a tremer...

Incapaz de non sucumbir a ese teu feitizo

Co que me enmeigaches hai tan pouco tempo...

Ñáñaras, mimos, cos que me agasallas

E que sabes que tan ben me fan...

O ceo non espera... Por iso:

Non agardes máis e ven xa por min!!!

venres, 4 de agosto de 2023

Nunca Se Chega Tarde A Un Amor

 Hai quen di que nunca se chega tarde a un amor… Ainda que sexa un amor deses imposibles…

Que sorte os que teñen o luxo de coincidir no momento certo e a maxia de conectar nun só instante... como nos pasou a nós...

E pode ser que te coñecese ainda a tempo...

A tempo de saber de ti, da túa existencia...

A tempo para extasiarme escoitándote cando me contas de ti...

A tempo para encherme de ti cada vez que te vexo...

A tempo para sentirte cada vez que me tocas ou rozas a miña pel...

A tempo para saborearte cada vez que me bicas... Esas poucas veces en que coincidimos no tempo e no espazo...

Todo iso non foi antes... eu non sei aínda por que os deuses non o permitiron...

So sei que foi agora... ainda a tempo para namorarme de ti...