Cada noite eu chorando pensaba……
Que esta noite tan grande non fora,
Que durase……e durase antre tanto
Que a noite das penas
Me envolve loitosa.
.........................................................
Desde estonces busquei as tiniebras
Mais negras e fondas,
E busqueinas en vano, que sempre
Tras da noite topaba ca aurora……
So en min mesma buscando no oscuro
I entrando na sombra,
Vin a noite que nunca se acaba
Na miña alma soia.
Rosalía De Castro: Follas Novas
xoves, 25 de xullo de 2013
sábado, 20 de xullo de 2013
Pedras E Atrancos No Camiño
Hai veces na vida
que nos toca camiñar entre pedras, fentos, silvas e outros atrancos. Isso moléstanos,
tropezamos, imos máis devagar, pero non desistimos da nosa viaxe!
martes, 16 de xullo de 2013
Ledicia De Encontro Inesperado Sen Sentirte
Ledicia!
Ledicia da túa imaxe,
Viaxeira de um coche fugaz, nos meus olhos.
E ti, que sabes da miña ansia de ti,
Ti, que sabes das miñas ganas
de tocar a tua pel,
achegácheste a
min
igual que unha estrela rutilante!
Mas eu,
estatua de mármore momentânea,
non o fixen...
Só ollaba para ti,
Com esas olladas que o din todo.
Todo o que a boca non fala...
E eu só ollaba,
Apagando con sorrisos o lume interior
Que berraba para que eu
estirase o brazo,
estirase o brazo,
Estirase a man,
para tocarte e sentir ...
para tocarte e sentir ...
Sentirte.....
Mas... Non o fixen...
E Eu non te sentín...
xoves, 11 de xullo de 2013
Berrar O Segredo Do Teu Nome
O teu nome..
Ai o teu
nome!
Quixera
berrar o teu nome
Forte, moi
forte,
Alto, moi
alto...
Decir a berros ese nome
que adoro!
que adoro!
Mas non o digo
Nin a media voz,
Nin en susurros...
Non ouso nin sequera
soletrealo!
E así,
deste xeito,
El fica alá...
Gardado no fondo
do meu corazón
do meu corazón
Ata que um
dia,
Num berro da
miña alma impaciente,
sópreo ao
vento,
E entón xa nunca
máis
será Um segredo!
O meu
Segredo!
mércores, 3 de xullo de 2013
O Mar Continúa Alí
O
mar...
Lembras
amor?
Él
continúa o seu vaivén incesante
arriba
e abaixo.
Él
ven a romper contra as rochas...
Esas
mesmas rochas que saben do noso primeiro bico.
Esas
rochas que saben
da tua ansia loca de min...
Das
túas palabras emocionadas...
Do
teu fío de voz,
rouca
de pasión...
Do
meu arrepío
ao roce dos teus dedos...
Da
resposta que o meu corpo quería dar...
Si...
é verdade...
O mar continúa alí...
A rocha continua alí...
Só
ti e mais eu,
malpocados
viaxeiros da saudade,
ai!,
non estamos...
xoves, 27 de xuño de 2013
Palabras A Mis Niños De 6º B
Y ya pusimos fin a una etapa de la vida, la
vuestra y la mía.
Y aunque ha pasado poco tiempo, la
nostalgia va entrando poco a poco en mí.
Estos últimos días en el cole, al entrar en el
aula, vacía de vuestra presencia, toda una ola de sentimientos me invadía al
pensar que todo lo vivido aquí por vosotros y por mí, ya no se volverá a
repetir. Pero simpre estaréis en mi recuerdo todos y cada uno de vosotros:
El
perfeccionismo, la originalidad y la inventiva de Aldara, que me mantenían
siempre maravillada, la perspicacia de Antón y su sonrisa pícara al pillar mis
palabras irónicas, las dotes organizativas de Laura llevadas a cabo con una
sonrisa, la dulce mirada de Dalila que me envolvía en una caricia, la alegría y
vitalidad de Javier, el ir y venir de Jorge en un vaivén nervioso cuando tenía
que hablar, las palabras animosas de Carmen, con su melena siempre al viento, la
genialidad de Aarón en sus dibujos y en su forma de vestir, siempre elegante,
siempre in, la mirada enigmática de María siguiéndome por el aula, los buenos
deseos de Almudena para el fin de semana, el pozo de sabiduría de Eduardo y su
apasionada forma de exponer los temas, las anécdotas de Jose con sus perros y
su oveja, los abrazos de Sara nada más entrar por la puerta y su constante aporte
musical para el blog y para el aula, el buen hacer, tanto literario, como
social, de nuestro delegado Joel, siempre amable y alegre para todo, la
ansiedad y vivacidad de Andrea, la suavidad de las palabras de Juan, el entusiasmo
y vitalidad de Helena siempre dispuesta para todo, la tranquilidad de Ismael,
el cariño de Sandra y su visión diferente del Mundo y de la Vida, el encanto y
la dulzura de la sonrisa y los abrazos de Isabel, la simpatía y eficiencia de
Nicolás, siempre responsable y acertado, la vitalidad de Tomás, la risa
contagiosa de Uxío, el entusiasmo con que Anxo acometía todas las tareas, la
rapidez, originalidad y brillantez de Uxía... Vuestro cariño Y los abrazos y los besos sobre todo de este último mes... Y todos esos detalles que vosotros y yo
sabemos... Que nos unieron cada día...
Quiero agradeceros vuestras palabras que me
llenan de emoción siempre que las leo... Me gustan mucho, por eso, por
emotivas, y porque veo que os expresasteis como yo traté de enseñaros, y, al
verlas, creo que lo conseguí... Muchas gracias por haberme dejado ser vuesta
profe estos dos últimos años, de verdad que fue todo un privilegio... Sois una
clase maravillosa. Y como decimos siempre, este no es un adiós... Es un hasta
siempre... Y nos seguiremos viendo andando por el mundo...
mércores, 26 de xuño de 2013
Palabras De Mis Alumnos
Querida profe:
Nosotros queríamos agradecerte el esfuerzo que
has impuesto en nuestra enseñanza. Contigo hemos aprendido, no sólo lo escrito
en los libros, sino el modo en que con una sonrisa, todo era más fácil.
Nos enseñaste a ser respetuosos y a saber
manejarnos por el mundo.
Muchas gracias por haber hecho de nosotros una
buenas e inteligentes personas, y recuerda que aunque no estés presente ya
tienes una parte de nuestros corazones ocupada para SIEMPRE.
Te agradecemos tu esfuerzo por compartir tus conocimientos que nos has enseñado estos dos años y te agradecemos la paciencia que tuviste cuando no entendíamos algo. Gracias profe y aunque nos vayamos ¡NUNCA TE OLVIDAREMOS!
¡6º B por siempre!!
martes, 18 de xuño de 2013
Soidade E Desespero Sem Ti
é pasión iso que Ela sinte por ti....
E esa súa pasión a onde a levará?
Iso non sei dicir...
Só sei onde agora ela está:
num mundo de soidade
e desespero
porque ti nunca estás aquí...
E nunca vas estar...
Ti, na túa seguridade, brincas con ela
e dis: mañán...
Mas ese mañán nunca chega
e ela morre de saudades...
Saudades de ti!
domingo, 16 de xuño de 2013
Grazas Por Existir, Amor!
Mas que sería da vida sen amor?
Amar e ser amada... Aínda que non é necesario
estar sempre a berrar aos catro ventos que estamos namorados.
Ás veces incluso penso que canto máis
reservamos un sentimento, máis desfrutamos despois eses momentos partillados,
eses momentos íntimos, tan intensos que fan que te ame cada día máis...
Difícil expresar con palabras, non encontro un
poema, non atopo unha música á altura... Por iso, só podo dicir: Grazas por
existir, amor!
martes, 11 de xuño de 2013
A Chuva Orballa Na Miña Alma
A Chuva orballa lentamente
na miña alma
e o son do seu ritmo
nos cristais da ventá
di para min:
"Espera por min, Amor!"
na miña alma
e o son do seu ritmo
nos cristais da ventá
di para min:
"Espera por min, Amor!"
Esas
foron as túas palabras...
Mas
hoxe, despois de tantas lúas,
Ti
aínda non estás aquí...
E
eu, aínda que sei que ti non vas vir
fico
aquí... á túa espera...
Espero-te
a noite toda...
ata o novo día....
Unha
espera en van... Xa o sei...
Ti
non vas vir...
E
os meus suspiros,
paxaros
de ansiedade confiada,
voan
no ar do meu cuarto...
Ata
que ao fin, libres,
escapan
pola fiestra aberta
ao
amencer de un novo día....
Un Novo Día Sen Ti!
domingo, 9 de xuño de 2013
Amor: Divina Sensación
E hoxe estive cunha amiga que está como nena
con zapatos novos porque encontrou o amor e está apaixonada...
E el, o seu amor, só el, é o tema constante da
súa conversa...
Así é como eu sei: O bo que é
pasar as noites sentindo o calor do seu abrazo!
O bo que é continuar a sentir as bolboretas no
estómago cando el a chama por teléfono, cando el lle fala, cando el aparece...
Tamén sei o divina que é esa sensación de súa paixón
por el!
Ah... Mas tamén está a dor... A dor das
despedidas... A dor da distancia que os separa... Mas, se ela fecha os ollos,
el está sempre ao seu carón... Se fecha os ollos revive cada detalle dos seus
encontros... Revive cada detalle daqueles inesquecibles días á beira do mar...
Entón, neses momentos, ela sinte que non están
lonxe un do outro... Eles fican preto, apenas ao alcance de un bico...
sábado, 8 de xuño de 2013
Na Nube Da Saudade
E ela está con saudades... Saudades de ti...
E
ela sempre está a lembrar aqueles poucos momentos que estabades os dous a conversar...
E lembra como tu a facías sentir como quen está nunha nube, no ar, e non cos pés
no chan...
Esa nube... Que nube marabillosa... Unha nube
de nervios... Unha nube de ilusión... Unha nube de bolboretas na barriga e amor
no corazón...
E o tempo pasou... E ela continúa na nube... Alí
ficou, sempre á túa espera... Na nube... Non a deixes baixar... Sabes que está
sempre alí... A te adorar...
xoves, 6 de xuño de 2013
Em Torno Ao Candeeiro Paira Uma Borboleta
xoves, 30 de maio de 2013
Amigo, Non Me Deixes Marchar
Amizade
é un sentimento do que todo mundo gusta falar
Moitas
palabras se teñen escrito
Idealizando
os amigos que sempre fican ao noso lado.
Zafiros
e diamantes case non brillan a carón dos amigos.
Difícil
é para sempre conservalos...
E
por iso eu agora digo:
Ti que es meu amigo, non me deixes marchar...
Podo
non querer voltar!!!
martes, 28 de maio de 2013
Podes Ter Confianza En Min
Confianza
é unha palabra moi fácil de dicir.
O
que xa non é así tan doado é realmente confiar.
Non
é que sexa imposible. Mais todos sabemos:
Fiables
son moi poucas persoas ao noso redor.
Ilusionámonos
con alguén e confiámoslle os nosos segredos,
As
nosas esperanzas máis íntimas, e, infelizmente,
Non
garda o segredo, non é confiable e espalla
Zigzagueante,
cal bolboreta no ar
Aquilo
que prometeu gardar.
Pero ti, si, ti que me estás a ler,
sabes que ese teu segredo,
ese que a medias partillamos,
fica seguro comigo.
Só ti e mais eu sabemos...
sábado, 25 de maio de 2013
Enraizado No Pensamento Sen Esquecemento
Moito esperaba por este día.
Aínda que ela non o dicía.
Reinaba no seu interior a ilusión.
Ía poder verte, ía poder tocarte!
Ai, amor que se foi polo aire... Deixaches no olvido a túa promesa.
Esqueceches de onte para hoxe
Lonxe ficades, ti dela, e ela de ti.
Coitada, o día pasou a se laiar.
A pensar e maquinar como te esquecer.
Ruxía o vento na súa fiestra
Moitas nubes polo ceo correron
E ti, enraizado, sempre no seu pensamento.
Nunca chegará o esquecemento?!
venres, 17 de maio de 2013
Letras Galegas 2013: Vidal Bolaño
E hoxe o Día Das Letras Galegas está dedicado ao dramaturgo Roberto Vidal Bolaño.
Deixo un fragmento de unha das súas obras teatrais. Moi boa a imaxe poética sobre o galego e os que queren a súa desaparición.
XÁXARA:
Xustamente aquilo que non quere el! Escoitade
raparigos, escoitade o que vos digo. Se
se lle toca no ouvido revírase de tal xeito a cachola
que nin sequera pode ollar de esguello. E
cando lle soa moi preto unha gaita, non pode terse
de pé e brinca e reviravolta a eito coma se o
levara o máis fero dos ventos. E se por riba aínda,
se lle fala en galego, engrúñase coma un vermiño,
perde os folgos polo cú, escomeza a tremar
co medo, énchenselle as latas de buracos e remata
trocándose de súpeto nun pequecho e porcallento
rato...
TODOS:
Non hai raio que te entenda.
XAXARA:
Esta terra é terra boa e como tal ten moitas cousas de seu. Como a fala, porexemplo.
Se nos quitan esa fala, fan que o noso
sexa
seu. E si por riba rematan cos costumes,coas cantigas, cos bailes e coa música
que a xente e a terra nos deu, xa non seremos ninguén e todo o noso poderá ser
dos xigantóns coma el.
TODOS:
E que temos que facer?
"XÁXARA,
PEITUDA, PANIOGAS, TARELO, O RAPAZ E O CACHAMÓN"
ROBERTO VIDAL BOLAÑO
domingo, 12 de maio de 2013
Aprender O Idioma Das Árvores
"Eu queria
aprender o idioma das árvores.
Saber das canções do vento nas folhas da tarde.
Eu queria apalpar os perfumes do sol."
Manoel de BarrosSaber das canções do vento nas folhas da tarde.
Eu queria apalpar os perfumes do sol."
venres, 10 de maio de 2013
Día Mundial Do Lupus, 10 De Maio
No día 10 de maio celébrase o día
mundial do Lupus. É unha forma de cocienciar á poboación sobre esa
enfermidade crónica autoinmune e que atinge a máis de 5 millóns de
persoas en todo o mundo.
Este ano, o “lema” da campaña é
unha man extendida en forma de L...
Esta campaña conta con moitos
seguidores, persoas anónimas e tamén persoas coñecidas. Unha das
persoas famosas que se uniu moi pronto a esta campaña é Chris
Martin, o cantante de Clodplay.
Os que me coñecedes, e tamén os
que sodes seguidores ou lectores do blogue, sabedes que sempre me
gustou Coldplay...
Ás vezes gústanos un cantante ou un grupo e non sabemos o porque..
As músicas, as melodías, as palabras das cancións...
Ás vezes gústanos un cantante ou un grupo e non sabemos o porque..
As músicas, as melodías, as palabras das cancións...
Fan que se mova algo no noso
interior... E ás vezes gústannos porque sabemos que hai algo
máis...
Algo que chega ata alá, ata o fondo do corazón e fica alá...
Algo que chega ata alá, ata o fondo do corazón e fica alá...
E este é o Cris Martin, bo músico e tamém boa
persoa...
Que non fica afastado dos problemas da sociedade...
Aí está ele na campaña LupusHandSign
Que non fica afastado dos problemas da sociedade...
Aí está ele na campaña LupusHandSign
sábado, 4 de maio de 2013
Passa Uma Nube Pelo Sol
Passa uma nuvem pelo sol
Passa uma pena por quem vê.
A alma é como um girassol:
Vira-se ao que não está ao pé.
Passou a nuvem; o sol volta.
A alegria girassolou.
Pendão latente de revolta,
Que hora maligna te enrolou?
Fernando Pessoa
martes, 23 de abril de 2013
Brincar por Riba Das Turbulencias Da Vida
Hai veces na vida en que
non temos máis remedio que lidar con problemas. E é a forma de nos
enfrontar a eles a que define a nosa maneira de ser.
Hai quen decide
parapetarse detrás de unha barreira e facer como que as turbulencias
da vida non existen e simplemente fican alí, estáticos... Hai quen
decide sortear os baches, ou mesmo pasar por debaixo da barreira...
Parece que así xa está todo superado...
Eu non son así... Eu
prefiro sempre saltar por riba... Así parece que os problemas fanse
máis pequenos debaixo de min...
E ti? Como sorteas as
turbulencias da vida?
Sexa como sexa o bo é non
ficar parado por tras da barreira a ver a vida pasar... O bo é sempre
continuar, por baixo, ou por riba, dá igual...Pero sempre, sempre vivir a vida.
mércores, 17 de abril de 2013
Unha Cura De Amor
venres, 12 de abril de 2013
O Mellor Lugar Do Mundo
domingo, 7 de abril de 2013
Ser Brisa A Voar No Ceo Azul
Ás veces non sei que quero
ser...
Ás veces quero ser moitas
cousas...
Pero, eu, hoxe só quería ser
Esa brisa laranxa
A voar polo ceo azul diluído
Nesa nube pintada de cinza.
Se cadra, así, podería chegar
lonxe,
Aí, a onde ti estás...
E así, devagar,
Poder simplemente
Rozar a túa pel
Mais unha vez.
Mary Carmen
luns, 1 de abril de 2013
Saudade E Lembranzas Alegres
Hai veces en que sentimos inmensas saudades de
persoas que xa non están aquí, de persoas que sabemos xa nunca poderán estar ao
noso carón....
E ás veces, eu sei, esa saudade provoca unha
dor inmensurable...
Pero non debemos deixarnos arrastrar pola
dor... Temos que tratar de arrinca-la de dentro de nós e deixa-la saír....
Se podemos chorar, choremos, as bágoas axudan...
Se podemos oír música, tamén a música axuda...
E buscar un lugar no que poidamos berrar alto,
berrar forte para botar fora ese grito que nos afoga o peito e así deixar
dentro de nós só as lembranzas alegres...
Pois é verdade que aqueles que amamos sempre
están con nós... Por iso a lembranza é boa... E de seguro que o lembrar eses
momentos felices vai facer aparecer un sorriso no noso rostro.
xoves, 28 de marzo de 2013
La Saeta, Cantar Al Cristo De Los Gitanos
¡Oh, la saeta, el cantar
al Cristo de los gitanos,
siempre con sangre en las manos,
siempre por desenclavar!
¡Cantar del pueblo andaluz,
al Cristo de los gitanos,
siempre con sangre en las manos,
siempre por desenclavar!
¡Cantar del pueblo andaluz,
que todas las primaveras
anda pidiendo escaleras
para subir a la cruz!
anda pidiendo escaleras
para subir a la cruz!
¡Cantar de la tierra mía,
que echa flores
al Jesús de la agonía,
y es la fe de mis mayores!
¡Oh, no eres tú mi cantar!
¡No puedo cantar, ni quiero
a ese Jesús del madero,
sino al que anduvo en el mar!
que echa flores
al Jesús de la agonía,
y es la fe de mis mayores!
¡Oh, no eres tú mi cantar!
¡No puedo cantar, ni quiero
a ese Jesús del madero,
sino al que anduvo en el mar!
Antonio Machado
martes, 19 de marzo de 2013
Mitigar A Dor De Un Amigo!
Amigo Tony!
Eu sei da túa dor!
Eu sei da túa rebeldía contra a inxustiza da vida!
Eu sei da túa impotencia por non poder mudar
nada!
Eu sei de esas palabras que tu escrebes para
botar fora
a dor que che corroe a alma!
“Apetece-me gritar de revolta.
Um grito d´alma que se ouve do outro lado do
mundo!”
E...
Sí... As túas palabras chegan á miña alma
e un arrepío estremecedor recorre todo o meu
corpo...
Un arrepío que eu quero hoxe unir ao teu grito...
Din por aí que a unión fai a forza...
Poida
ser que así, de esta maneira,
estas palabras, que non son tan lindas como as túas,
poidan mitigar un pouco a túa dor!
Quixera que non fosen só palabras,
mas a
distancia impide calquera outra mostra de afecto, comprensión e cariño...
Mas ti xa sabes que tes todo iso.
Mas ti xa sabes que tes todo iso.
Por iso desde aquí, na distancia...
E en estes momentos tan tristes e difíciles para ti e a túa familia
E en estes momentos tan tristes e difíciles para ti e a túa familia
Aquele Abraço Amigo Tony!
xoves, 14 de marzo de 2013
Vivir A Vida Con Alegría
Vive a vida sempre con alegría.... Leva un
sorriso no teu rostro, porque sorrir é amar!
Por iso... Onde queira que te atopes, sorrí sempre e deixar as penas fuxir!!!
Por iso... Onde queira que te atopes, sorrí sempre e deixar as penas fuxir!!!
venres, 8 de marzo de 2013
Para ti Muller!
Daquelas que cantan as pombas e as flores
Todos din que teñen alma de muller;
Pois eu que n`as canto,Virxe da Paloma,
Ai!, de que a terei?
Todos din que teñen alma de muller;
Pois eu que n`as canto,Virxe da Paloma,
Ai!, de que a terei?
Rosalía de Castro (Follas Novas)
mércores, 6 de marzo de 2013
A Igrexa Mariñeira
O sol axionllado aos pes de Cristo morto
reza unha lenta salve encol das lousas frías,
e as lampariñas tecen douradas letanías
de penumbras e luz, de fe e de recordo.
Unha vella labrega debulla o seu rosario;
seu rosario de días, de mágoas e de arelas.
I o lume da alma súa antre o lume das velas
é luar aldeán vestidiño de branco.I o lume da alma súa antre o lume das velas
Luís Amado Carballo
xoves, 28 de febreiro de 2013
Saber Camiñar E Deixar Pegadas Doces
E neste noso camiñar pola vida está claro que algo
do camiño vai apousentando en nós. Algo vai deixando a súa marca...
Pero tamén é
certo que vamos deixando algo de nós no camiño e na xente... E é bo que isto pase porque “poder
deixar doces pegadas no corazón de un amigo, fai parte de saber camiñar con
amor”.....
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
























