na miña alma
e o son do seu ritmo
nos cristais da ventá
di para min:
"Espera por min, Amor!"
Esas
foron as túas palabras...
Mas
hoxe, despois de tantas lúas,
Ti
aínda non estás aquí...
E
eu, aínda que sei que ti non vas vir
fico
aquí... á túa espera...
Espero-te
a noite toda...
ata o novo día....
Unha
espera en van... Xa o sei...
Ti
non vas vir...
E
os meus suspiros,
paxaros
de ansiedade confiada,
voan
no ar do meu cuarto...
Ata
que ao fin, libres,
escapan
pola fiestra aberta
ao
amencer de un novo día....
Un Novo Día Sen Ti!
Ningún comentario:
Publicar un comentario