Hai veces en que sentimos inmensas saudades de
persoas que xa non están aquí, de persoas que sabemos xa nunca poderán estar ao
noso carón....
E ás veces, eu sei, esa saudade provoca unha
dor inmensurable...
Pero non debemos deixarnos arrastrar pola
dor... Temos que tratar de arrinca-la de dentro de nós e deixa-la saír....
Se podemos chorar, choremos, as bágoas axudan...
Se podemos oír música, tamén a música axuda...
E buscar un lugar no que poidamos berrar alto,
berrar forte para botar fora ese grito que nos afoga o peito e así deixar
dentro de nós só as lembranzas alegres...
Pois é verdade que aqueles que amamos sempre
están con nós... Por iso a lembranza é boa... E de seguro que o lembrar eses
momentos felices vai facer aparecer un sorriso no noso rostro.
Ningún comentario:
Publicar un comentario