Deixo un fragmento de unha das súas obras teatrais. Moi boa a imaxe poética sobre o galego e os que queren a súa desaparición.
TODOS:
Non hai raio que te entenda.
XAXARA:
Esta terra é terra boa e como tal ten moitas cousas de seu. Como a fala, porexemplo.
Se nos quitan esa fala, fan que o noso
sexa
seu. E si por riba rematan cos costumes,coas cantigas, cos bailes e coa música
que a xente e a terra nos deu, xa non seremos ninguén e todo o noso poderá ser
dos xigantóns coma el.
TODOS:
E que temos que facer?
XÁXARA:
Xustamente aquilo que non quere el! Escoitade
raparigos, escoitade o que vos digo. Se
se lle toca no ouvido revírase de tal xeito a cachola
que nin sequera pode ollar de esguello. E
cando lle soa moi preto unha gaita, non pode terse
de pé e brinca e reviravolta a eito coma se o
levara o máis fero dos ventos. E se por riba aínda,
se lle fala en galego, engrúñase coma un vermiño,
perde os folgos polo cú, escomeza a tremar
co medo, énchenselle as latas de buracos e remata
trocándose de súpeto nun pequecho e porcallento
rato...
"XÁXARA,
PEITUDA, PANIOGAS, TARELO, O RAPAZ E O CACHAMÓN"
ROBERTO VIDAL BOLAÑO
Ningún comentario:
Publicar un comentario