O sol axionllado aos pes de Cristo morto
reza unha lenta salve encol das lousas frías,
e as lampariñas tecen douradas letanías
de penumbras e luz, de fe e de recordo.
Unha vella labrega debulla o seu rosario;
seu rosario de días, de mágoas e de arelas.
I o lume da alma súa antre o lume das velas
é luar aldeán vestidiño de branco.I o lume da alma súa antre o lume das velas
Luís Amado Carballo
Ningún comentario:
Publicar un comentario