Moito esperaba por este día.
Aínda que ela non o dicía.
Reinaba no seu interior a ilusión.
Ía poder verte, ía poder tocarte!
Ai, amor que se foi polo aire... Deixaches no olvido a túa promesa.
Esqueceches de onte para hoxe
Lonxe ficades, ti dela, e ela de ti.
Coitada, o día pasou a se laiar.
A pensar e maquinar como te esquecer.
Ruxía o vento na súa fiestra
Moitas nubes polo ceo correron
E ti, enraizado, sempre no seu pensamento.
Nunca chegará o esquecemento?!
Ningún comentario:
Publicar un comentario