martes, 28 de maio de 2013

Podes Ter Confianza En Min

Confianza é unha palabra moi fácil de dicir.
O que xa non é así tan doado é realmente confiar.
Non é que sexa imposible. Mais todos sabemos:
Fiables son moi poucas persoas ao noso redor.
Ilusionámonos con alguén e confiámoslle os nosos segredos,
As nosas esperanzas máis íntimas, e, infelizmente,
Non garda o segredo, non é confiable e espalla
Zigzagueante, cal bolboreta no ar
Aquilo que prometeu gardar.
                                        Pero ti, si, ti que me estás a ler, 
sabes que ese teu segredo,
ese que a medias partillamos, 
fica seguro comigo.
Só ti e mais eu sabemos...

Ningún comentario:

Publicar un comentario