Non sei se a vida é curta ou longa demais para nós. Mais sei que nada do que vivimos ten sentido, se non tocamos o corazón das persoas. Cora Coralina
Moitas Grazas por estar aí ata máis de 220.400 visitas!!
Non sei se a vida é curta ou longa demais para nós. Mais sei que nada do que vivimos ten sentido, se non tocamos o corazón das persoas. Cora Coralina
Moitas Grazas por estar aí ata máis de 220.400 visitas!!
A fin do verán, coma tódolos anos no mes de setembro, está a chegar...
Flor de lindas cores,
Gloria da mañá
Que no muro moras,
Por que é que polo día abres a túa casa
E pola noite cerrada ma amosas?
Se cadra, co sol, ledas abellas
chegan ata ti.
E ti, tan fachendosa, ao velas
Queres a ti atraelas.
Esa túa cor tan azul
Fai que todos os que por aquí pasamos
Fiquemos pola túa beleza cativados.
Moitas Grazas Polas Máis De 210.000 Visitas!
Mary Carmen
No noso camiñar polos vieiros do mundo ás veces atopámonos con sendeiros que non son precisamente un paseo.
Non existe camiño ningún e o camiñante ten que vadear ríos, gabear, rubir e baixar, saltar e ir sorteando o mellor posible o terreo sinuoso polo que se transita.
Experimentando a rudeza dun carreiro que xoga con nós ás escondidas... Por aquí un fito, por alí a intuición,... Axudados polos poucos postes de sinalización, se os hai,... E algunhas moreas de pedras acumuladas polos camiñantes que por alí pasan...
Aínda así, os montañeiros sorrín polo éxito do seu esforzo, polo río que pasa e canta, polo arrecendo das flores, polo perpetuo rebulir interno do val e da montaña...
Mary Carmen
O tempo pasa a correr...
Un día es nova e brillante,
Xeras a luz para moitos...
E... nun abrir e pechar de xanela
Estás desfasada e obsoleta...
Ninguén mira por ti
E, devastada polo tempo
E o esquecemento,
Acabas nunha decrépita
Pero elegante ruína.
Mary Carmen
Rumor de follas no xardín.
Ergo a mirada e alí está ela,
Altiva, solitaria, brillante e inacadable,
A branca magnolia.
Ela sábese a raíña das flores
Rodeada de mil abellas
Que lle traen os seus amores.
A súa beleza enfeita
As terras onde ela mora.
Aínda que ás veces, morriñenta,
Ela quixera ser unha papoula
Coas súas cores vermellas.
Poder viaxar nas alas do vento
E durmir co arrolo
Dos lenes raios de lúa
No seu pensamento.
Mary Carmen
Agradecida pola vosa presenza que nos fai acadar máis de 200.000 Visitas!
Nas tardes quentes do verán, algures, cando o calor apreta, bótase en falta unha boa fonte de pedra manando a súa auga fresquiña! Aínda que sexa pinga a pinga...
Unha fecha do seu líquido elemento refréscanos por dentro e por fóra e a mente evoca os versos daquel poema de Antonio Machado dedicado A Juán Ramón Jiménez:
“«O xardín ten unha fonte
e a fonte unha quimera...»
Cantaba unha voz doente,
alma da primavera.
Calou a voz e o violín
apagou a súa melodía.
Quedou a melancolía
vagando polo xardín.
Só a fonte se oía.”
E alí estaba ela, a fráxil escaleira que nos invitaba a dar un mergullo naquelas augas tan frías e claras.
Hoxe saín ao mar!
Gustoume sobre el sucar!
Que doce a brisa que sobe do mar!
Tan fresco, salgado e doce!
O seu azul infinito
Chega ata o ceo
E torna ata min!
Sabe tan ben
O seu sabor a sal,
Que devezo por mil e unha vez
Alá, á súa frescura tornar!
Gústame a cor que collen os montes en certas épocas do ano!
As estrelas non están só no ceo! Tamén están entre nós!
Elas sobreviven moi preto do mar e, se as ollamos en conxunto, podemos verlle moita semellanza cos corais, sobre todo pola súa cor avermellada.
Eu non as coñecía, e, cando as vin, a verdade é que me fascinaron!
E non me esquezo: A todos Moitas Grazas por continuar aí e levarnos ata máis de 180.000 Visitas!
Cando camiño por aí gústame encontrar os estalotes a enfeitar os carreiros, penedos e terrapléns. Adoro o aire esvelto das súas varas, silvestres, ventureiras e coloridas.
A súa forma semella un dedal por iso tamén se lle chama dedaleira. Aínda que tamén se pode ver unha certa forma de campá que nos atrae e fainos querer facer música coas súas flores. Por iso, cando as atopo, achégome a elas e non dubido en facer estalar unhas cantas lembrándome de cando era rapaza e sempre, na primavera e no verán, aledábame co seu explotar. Tempos aqueles!!
A chumbeira ten pinchos como a vida mesma!
Mais tamén presume de ter flores, como a vida mesma!
E que flores!
A min admiráronme!
A chumbeira, ela, que xenerosa ofrece gratuitamente o seu froito a quen preto dela pasar...
E a vós, que por aquí pasades, moitas grazas polas visitas! Máis de 175.000!
Nas miñas correrías por aí
Ao chegar a primavera
Sáenme ao paso flores á manchea...
Extasiada contémploas
E déixoas alí estar
Cos seus pétalos de cores
Para min a ollar.
Algunha mesmo ousa me desafiar
Coma esta fermosura branca.
Coqueta, ela balancéase no ar
E fica fachendosa e presumida
Ao saberse a escollida do meu cismar.
E grazas á vosa presenza en Camelia Branca do Ar chegamos a máis de 165.000 visitas!!! Moitas Grazas!
Volvoreta do ar,
Que fermosa es,
Volvoreta do ar
Dourada e verde.
Luz do candil,
Volvoreta do ar
Quédate aí, aí, aí!...
Non queres parar,
Parar non queres.
Volvoreta do ar
Dourada e verde.
Luz do candil,
Volvoreta do ar
Quédate aí, aí, aí!...
Quédate aí!
Volvoreta, estás aí?
Federico García Lorca
Cando camiño fóra da cidade
Elas, as flores silvestres,
Están sempre aí...
Á miña beira.
Vermellas, brancas, amarelas, alaranxadas, ...
Gústame velas a todas elas.
Mais as azuis encántanme,
Tócanme a fibra sensible...
Non sei ben o porqué...
Quizás porque a súa cor,
Espello e reflexo do ceo,
Elévame máis preto del.
Elas que nunca voaron
Nin despegaron do chan...
Aínda que... Espera...!
Aí chega o vento...
Fai maxia co seu alento,
E, co seu soprar,
Os pétalos escapan
E semellan paxaros
Ceibes no ar.
Ai! Quen puidera con eles deixarse levar
E polo ceo poder voar!
Acadadas 160.000 Visitas! Como 160.000 Soles! Moitas Grazas!
De pequena gustábanme moito as cereixas…
Polo camiño iamos enchendo a boca de frescos amorodos ventureiros que colliamos aquí e alí sen buscar demasiado.
Chegados á casa da avoa o primeiro que faciamos era gabear polas cerdeiras e chegar ata as pólas máis altas para coller as cereixas máis vermellas e redondas.
Con elas iamos enchendo os cestos que levabamos e tamén, claro, engulindo algunhas de vez en cando ata que a nosa cobiza quedaba satisfeita.
Este ano O Día Das Letras Galegas conmemora a obra da Poetisa Xela Arias da que vos deixo estas faragullas:
.......................................................
eran cabalos desbocados pola praia
cabalos
desbocados
polas praias
da cidade
Ultimamente nalgúns dos lugares máis bonitos de Galicia aparecen bancos espallados para poder contemplar comodamente a paisaxe.
Este que vos deixo está frente á Fervenza de Budián onde O Rego da Fervenza cai cun desnivel de máis de 40 m formando varias caídas de auga.
Pero este banco é, por así dicilo un chisquiño especial para nós, os galegos, E por que será? Pois polas palabras que nel están escritas:
Aperta, Enxebre, Orballo, Bico, Quérote ...
____Galiza Fascina, o Galego Namora___
Emocionada contemplo esta flor
Cos seus amarelos pétalos
A ollar para min.
Ela está alí no medio do monte
Acompañada por outras
A ela semellantes.
Cando o toque suave
Da brisa que ven do mar,
Que está alí tan preto,
Toca a súa pel,
Ela móvese ao compás
Das ondas que veñen e van.
Sabe que a súa cor
Atrae todas as olladas,
Por iso ela sorrí, coqueta,
Sabedora do seu magnetismo.
Aquí estou unha vez máis a contemplar as marabillas dos ríos desta nosa Galicia.
A auga, fonte de vida en forma de fervenza, escorre pola montaña remontando os obstáculos da súa bacía.
Un verdadeiro festín para os sentidos ollala escorregar lixeira coma un lóstrego.
Ruidosa e ao mesmo tempo apracible, capaz de amansar os peores demos que levemos dentro...
Eu marcho e ela alí fica por sempre imperturbable e inamovible.
Allea ao discorrer das horas, dos días, dos anos e dos séculos...
Mais sempre chea de beleza!
Mary Carmen
Ao olmo vello, fendido polo raio
e na súa metade podre,
Antonio Machado
Primavera, xa estás aquí! Ti non sabías que eu estaba á tua espera! Non sabías con canta ansia desexaba o noso encontro!
Agora son feliz, e sorrío coa tua presenza coloreando a paisaxe por onde eu paso! Verdes, castaños, azuis, brancos e amarelos son agora máis intensos! E ata os toxos no monte ousan ofrecerme un mar amarelo para me mergullar nel!
Eu, acepto encantada!... Ummmm!... Senta tan ben!...
Conta a lenda que Pontevedra foi fundada por Teucro, un dos heroes da Guerra de Troia.
Chegaría ata o río Lérez atraído polos cantos da Serea Leucoíña e alí fundou a que el chamou Helenes, onde residiría até ao fin dos seus días.
FVNDOTE
TEVCRO VALIENTE
DE AQVESTE RIO EN LA ORILLA
PARA QUE EN ESPAÑA FVESES
DE VILLAS LA MARAVILLA
Para ti, muller...
Que no teu camiño encontres moreas de suspiros, sorrisos, bicos e abrazos... E que unha chuva de alegría espalle o seu frescor sobre ti....!