martes, 27 de abril de 2021

Beleza De Pétalos Amarelos

 Emocionada contemplo esta flor

Cos seus amarelos pétalos

A ollar para min.

Ela está alí no medio do monte

Acompañada por outras

A ela semellantes.

Cando o toque suave

Da brisa que ven do mar,

Que está alí tan preto,

Toca a súa pel,

Ela móvese ao compás

Das ondas que veñen e van.

Sabe que a súa cor

Atrae todas as olladas,

Por iso ela sorrí, coqueta,

Sabedora do seu magnetismo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario