xoves, 17 de xuño de 2021

Unha Manchea De Fermosura Branca

 Nas miñas correrías por aí

Ao chegar a primavera

Sáenme ao paso flores á manchea...

Extasiada contémploas

E déixoas alí estar

Cos seus pétalos de cores

Para min a ollar.

 

Algunha mesmo ousa me desafiar

Coma esta fermosura branca.

Coqueta, ela balancéase no ar

E fica fachendosa e presumida

Ao saberse a escollida do meu cismar.

Ningún comentario:

Publicar un comentario