sábado, 28 de setembro de 2013

Tarde De Chuva, Tarde Musical



E hoxe choveu a tarde toda.
Mais as tardes de chuva tamén son interesantes.
Ás veces non teñen nada de aburridas.
Quedar na casa sen nada facer, ollar pola xanela e ver a xente a correr debaixo dos seus paraugas, ollar as pingas de auga cair devagar, escoitar o repiqueteo da chuva no cristal, mirar as follas das árbores danzar no ar movidas polo vento e escapar coma tolas lonxe do seu tronco... 
E logo, claro... Está a música... Esa música que me gusta tanto... A miña música de sempre... Ou as novas músicas, esas músicas que agora coñezo e que adoro desde xa.
E hoxe, pois si, foi unha tarde moi musical... 
Todo un concerto no último sábado de setembro que ficará por sempre na miña memoria.

venres, 20 de setembro de 2013

O Andamento Dos Días, Jorge Madureira

Mañá 21 de setembro, na cidade portuguesa de Marco de Canaveses o meu amigo Tony Madureira, do que xa teño falado algunha vez no blogue, vai facer a presentación do seu primeiro libro: “O Andamento Dos Días”.

É este un título moi suxerente na miña opinión. Gustoume moito xa desde o primeiro minuto que souben que ese ía ser o nome da primeira obra do meu amigo Portugués.
E nel, Jorge Madureira, o verdadeiro nome do autor, expresa o que el chama “a vivencia das emocións”... Esas emocións que sentimos no decorrer dos días, na nosa vida cotidiana...
E desde o blogue Camelia Branca Do Ar queremos unirnos a todos os amigos de Tony, e a todos os amantes dos libros e desexarlle o maior dos éxitos nesta súa primeira andadura polo mundo da publicación literaria. 
MUITO BOA SORTE TONY! LÁ ESTAREMOS!

sábado, 7 de setembro de 2013

Unha Axudiña Ilumina A Nosa Viaxe

E si, é certo que, como dixen no post anterior, ás veces temos que enfrontar a vida pola nosa conta... Pero seguro que todos concordan comigo en que é mellor ter unha axudiña, unha man  amiga que comparta connosco o peso da maleta que cargamos nesta viaxe que é a vida.
Alguén que camiñe á nosa beira e axude a non ver tan escura a nosa senda, alguén que coa su presenza ilumine o roteiro por onde imos pisar.

domingo, 1 de setembro de 2013

Enfrontar Desafíos E Lutar sen Axuda

Hai veces que nos toca estar sos, aceptar os desafíos e enfrontar o que nos veña por diante sen axuda de ninguén... E velaí o tedes: aí está el, consigo mesmo, a loitar contra o vento, a loitar contra as ondas do mar...

Pero non teñades medo, el non desiste, non se rende... El xa é todo un vencedor!

mércores, 28 de agosto de 2013

O Meu Cariño: 30.000 Visitas!

E hoxe, este blogue, Camelia Branca Do Ar, un blogue que naceu sen ningunha pretensión, simplemente a de expresar emocións, chegou ás 30.000 visitas. Por iso deixo a todos os que fazedes que día a día este blogue siga vivo todo o meu cariño!Moitas Grazas!

venres, 23 de agosto de 2013

O Sol Ou Mancha Amarela?

Estes días de verán, en que por fin o sol raiou con todo o seu esplendor, foron días de disfrutar da praia pero tamén de relaxados paseos por sendas sombrías, rodeadas de frondosas árbores que refrescaban o noso lento camiñar.
E é unha ledicia contemplar a marabillosa paleta de cores que nos ofrece a natureza nesta estación tan tola que nos tocou en sorte este ano.
E por destacar, vou deixar esta imaxe amarela dos xirasoles, que me fan lembrar aquelas palabras de Pablo Picasso:
“Hai persoas que transforman o sol nunha simple mancha amarela, pero tamén hai aquelas que fan de unha simple mancha amarela o propio sol.”

martes, 13 de agosto de 2013

Ofrenda Floral Peregrina 2013

E como todos os anos no segundo sábado de Agosto dan comezo as festas de verán da cidade de Pontevedra, as Festas Da Peregrina.
E a primeira actividade, despois do pregón é o traslado da carroza da Virxe ata o Santuario da Nosa Señora Do Santo Refuxio, como tamén se coñece a igrexa onde se venera a Virxen Peregrina. E, como non podía ser menos, aquí estamos nós a cumplir a tradición de participar na ofrenda de flores á Virxen Peregrina.
Xa vos contei outros anos que a miña filla máis vella, que por razóns de traballo vive en Sevilla, chega estes días a propósito a Pontevedra para cumprir esta tradición na que leva participando desde os dous anos de idade.
Xa no día anterior toca preparar a roupa, pasar o ferro a enaguas e camisas, dispoñer zapatos, medias e adobíos... Deixando para o mesmo sábado a recollida das flores que imos ofrecer. 
E xa na mañá do sábado, resultou que o sol, que en toda a semana non visitara Pontevedra, pois presentouse en todo o seu explendor, coa súa dourada capa de raios extendida sobre a cidade.
Aínda así o desfile levouse sen moitos agobios de calor e despois de escoitar o pregón, e coa algarabía do público asistente e a música das comparsas e agrupacións folklóricas, a comitiva iniciou a súa marcha desde a Praza de Mugartegui recorrendo lugares tan espectaculares para o visitante como a Praza da Verdura, a Praza da Leña, A Ferrería...
Un dos momentos máis emocionantes é cando chegamos diante do Santuario, coa praza chea de persoas espectantes, e presenciamos con elas, a difícil subida da carroza ao Santuario.
E unha vez cumprida a nosa misión de deixar a nosa ofrenda, aos pés da nosa Padroeira, unímonos á alegría reinante na cidade do Lérez polo comezo da semana grande das festas. 
E, desde o blogue Camelia Branca Do Ar quero invitarvos a que visitedes Pontevedra, sempre paga a pena... E como xa dicía unha antiga cantiga galega:
Eu si vou a Pontevedra,
non vou por ver os soldados,
vou por ver A Peregrina
a dos pendentes dourados

martes, 6 de agosto de 2013

Sentimentos De Ánimo E Conforto

A vida ás veces preséntanos duras probas como son as perdas de seres queridos...Perdas que nos deixan con arrepíos no corazón e que só o calor do amor pode facer aquecer de novo.
E é que a vida é así tan inxusta que nesas situacións eu quixera ter unha variña máxica e poder escorrentar ou desfacer todos os problemas, infelicidades e tristuras das persoas que están a pasar ese amargo trago para así aliviar a súa dor. Pero, infelizmente, non existe o tal artiluxio...
E tamén nesas circunstancias non sei moito o que dicir, non encontro as palabras para expresar o que sinto dentro de min..
E é que, como xa dicía Sigmund Freud "Existen momentos na vida da xente, en que as palabras perden o sentido ou parecen inútiles e, por mais que a xente pense nunha forma de emprega-las, elas parecen non servir. Entón a xente non di nada, apenas sente."
Por iso, eu, deixo agora os meus sentimentos de pesar pero tamén de ánimo e conforto para todas aquelas persoas que están a sentir a perda de un amigo, de un ser querido...

venres, 2 de agosto de 2013

Eu Tiña Unha Vida


Eu tiña unha vida
E ti chegaches a ela...

Ti, sí, ti,
Sorriso de neve cálido no teu rostro...
Ti, sí, ti,
Traendo arrepíos
Salgados de auga
Alá xunta o mar...
                                                             Alá...                                                             
Onde o balbordo das ondas
Contra as rochas ao chocar
Non deixaban oír o meu corazón.
El, do meu peito quería pular
Ao sentir o meu corpo,
Ávido de ti,
Responder ao teu bicar
E desexar a ti
Por enteiro se entregar.

xoves, 25 de xullo de 2013

Homenaxe Ás Víctimas Do Descarrilamento De Tren En Santiago De Compostela

Cada noite eu chorando pensaba……
Que esta noite tan grande non fora,
Que durase……e durase antre tanto
Que a noite das penas
Me envolve loitosa.

.........................................................
Desde estonces busquei as tiniebras
Mais negras e fondas,
E busqueinas en vano, que sempre
Tras da noite topaba ca aurora……
So en min mesma buscando no oscuro
I entrando na sombra,
Vin a noite que nunca se acaba
Na miña alma soia.

Rosalía De Castro: Follas Novas

sábado, 20 de xullo de 2013

Pedras E Atrancos No Camiño

Hai veces na vida que nos toca camiñar entre pedras, fentos, silvas e outros atrancos. Isso moléstanos, tropezamos, imos máis devagar, pero non desistimos da nosa viaxe!

martes, 16 de xullo de 2013

Ledicia De Encontro Inesperado Sen Sentirte

Ledicia!
Ledicia da túa imaxe,
Viaxeira de um coche fugaz, nos meus olhos.

Encontro inesperado e emotivo!
E ti, que sabes da miña ansia de ti,
Ti, que sabes das miñas ganas
de tocar a tua pel,
achegácheste a min
igual que unha estrela rutilante!
Mas eu, 
estatua de mármore momentânea,
non o fixen... 
Só ollaba para ti,
Com esas olladas que o din todo.
Todo o que a boca non fala...
E eu só ollaba,
Apagando con sorrisos o lume interior
Que berraba para que eu 
estirase o brazo,
Estirase a man, 
para tocarte e sentir ...
Sentirte.....
Mas... Non o fixen...
E Eu non te sentín...

xoves, 11 de xullo de 2013

Berrar O Segredo Do Teu Nome

O teu nome..
Ai o teu nome!

Quixera berrar o teu nome
Forte, moi forte,
Alto, moi alto...
Decir a berros ese nome 
que adoro!
Mas non o digo
Nin a media voz,
Nin en susurros...
Non ouso nin sequera soletrealo!
E así, deste xeito,
El fica alá...                                           
Gardado no fondo 
do meu corazón
Ata que um dia,
Num berro da miña alma impaciente,
sópreo ao vento,
E entón xa nunca máis
será Um segredo!
O meu Segredo!

mércores, 3 de xullo de 2013

O Mar Continúa Alí

O mar...
Lembras amor?
Él continúa o seu vaivén incesante
arriba e abaixo.
Él ven a romper contra as rochas...
Esas mesmas rochas que saben do noso primeiro bico.

Esas rochas que saben 
da tua ansia loca de min...
Das túas palabras emocionadas...
Do teu fío de voz,
rouca de pasión...
Do meu arrepío 
ao roce dos teus dedos...
Da resposta 
que o meu corpo quería dar...
Si... é verdade... 
O mar continúa alí...
A rocha continua alí...
Só ti e mais eu,
malpocados viaxeiros da saudade,
ai!, non estamos...

xoves, 27 de xuño de 2013

Palabras A Mis Niños De 6º B

Y ya pusimos fin a una etapa de la vida, la vuestra y la mía.
Y aunque ha pasado poco tiempo, la nostalgia va entrando poco a poco en mí.
Estos últimos días en el cole, al entrar en el aula, vacía de vuestra presencia, toda una ola de sentimientos me invadía al pensar que todo lo vivido aquí por vosotros y por mí, ya no se volverá a repetir. Pero simpre estaréis en mi recuerdo todos y cada uno de vosotros:
El perfeccionismo, la originalidad y la inventiva de Aldara, que me mantenían siempre maravillada, la perspicacia de Antón y su sonrisa pícara al pillar mis palabras irónicas, las dotes organizativas de Laura llevadas a cabo con una sonrisa, la dulce mirada de Dalila que me envolvía en una caricia, la alegría y vitalidad de Javier, el ir y venir de Jorge en un vaivén nervioso cuando tenía que hablar, las palabras animosas de Carmen, con su melena siempre al viento, la genialidad de Aarón en sus dibujos y en su forma de vestir, siempre elegante, siempre in, la mirada enigmática de María siguiéndome por el aula, los buenos deseos de Almudena para el fin de semana, el pozo de sabiduría de Eduardo y su apasionada forma de exponer los temas, las anécdotas de Jose con sus perros y su oveja, los abrazos de Sara nada más entrar por la puerta y su constante aporte musical para el blog y para el aula, el buen hacer, tanto literario, como social, de nuestro delegado Joel, siempre amable y alegre para todo, la ansiedad y vivacidad de Andrea, la suavidad de las palabras de Juan, el entusiasmo y vitalidad de Helena siempre dispuesta para todo, la tranquilidad de Ismael, el cariño de Sandra y su visión diferente del Mundo y de la Vida, el encanto y la dulzura de la sonrisa y los abrazos de Isabel, la simpatía y eficiencia de Nicolás, siempre responsable y acertado, la vitalidad de Tomás, la risa contagiosa de Uxío, el entusiasmo con que Anxo acometía todas las tareas, la rapidez, originalidad y brillantez de Uxía... Vuestro cariño Y los abrazos y los besos sobre todo de este último mes... Y todos esos detalles que vosotros y yo sabemos... Que nos unieron cada día...
 
Quiero agradeceros vuestras palabras que me llenan de emoción siempre que las leo... Me gustan mucho, por eso, por emotivas, y porque veo que os expresasteis como yo traté de enseñaros, y, al verlas, creo que lo conseguí...   Muchas gracias por haberme dejado ser vuesta profe estos dos últimos años, de verdad que fue todo un privilegio... Sois una clase maravillosa. Y como decimos siempre, este no es un adiós... Es un hasta siempre... Y nos seguiremos viendo andando por el mundo...

mércores, 26 de xuño de 2013

Palabras De Mis Alumnos

Querida profe:
Nosotros queríamos agradecerte el esfuerzo que has impuesto en nuestra enseñanza. Contigo hemos aprendido, no sólo lo escrito en los libros, sino el modo en que con una sonrisa, todo era más fácil.
Nos enseñaste a ser respetuosos y a saber manejarnos por el mundo.
Muchas gracias por haber hecho de nosotros una buenas e inteligentes personas, y recuerda que aunque no estés presente ya tienes una parte de nuestros corazones ocupada para SIEMPRE.
    
Te agradecemos tu esfuerzo por compartir tus conocimientos que nos has enseñado estos dos años y te agradecemos la paciencia que tuviste cuando no entendíamos algo. Gracias profe y aunque nos vayamos ¡NUNCA TE OLVIDAREMOS!
¡6º B por siempre!!

martes, 18 de xuño de 2013

Soidade E Desespero Sem Ti

Amigo
é pasión iso que Ela sinte por ti....
E esa súa pasión a onde a levará?
Iso non sei dicir...
Só sei onde agora ela está:
num mundo de soidade      
e desespero
porque ti nunca estás aquí...
E nunca vas estar...
Ti, na túa seguridade, brincas con ela
e dis: mañán...
Mas ese mañán nunca chega
e ela morre de saudades...
Saudades de ti!

domingo, 16 de xuño de 2013

Grazas Por Existir, Amor!

E si, hai moita xente a pensar que o que importa é vivir a vida...
Mas que sería da vida sen amor?
Amar e ser amada... Aínda que non é necesario estar sempre a berrar aos catro ventos que estamos namorados.
Ás veces incluso penso que canto máis reservamos un sentimento, máis desfrutamos despois eses momentos partillados, eses momentos íntimos, tan intensos que fan que te ame cada día máis...
Difícil expresar con palabras, non encontro un poema, non atopo unha música á altura... Por iso, só podo dicir: Grazas por existir, amor!

martes, 11 de xuño de 2013

A Chuva Orballa Na Miña Alma

A Chuva orballa lentamente 
na miña alma 
e o son do seu ritmo 
nos cristais da ventá 
di para min:
"Espera por min, Amor!"

Esas foron as túas palabras...
Mas hoxe, despois de tantas lúas,  
Ti aínda non estás aquí...
E eu, aínda que sei que ti non vas vir
fico aquí... á túa espera...
Espero-te a noite toda... 
ata o novo día....
Unha espera en van... Xa o sei...
Ti non vas vir...
E os meus suspiros,
paxaros de ansiedade confiada,
voan no ar do meu cuarto...
Ata que ao fin, libres,
escapan pola fiestra aberta
ao amencer de un novo día....
Un Novo Día Sen Ti!

domingo, 9 de xuño de 2013

Amor: Divina Sensación

E hoxe estive cunha amiga que está como nena con zapatos novos porque encontrou o amor e está apaixonada...
E el, o seu amor, só el, é o tema constante da súa conversa...
Así é como eu sei:  O bo que é pasar as noites sentindo o calor do seu abrazo!
O bo que é continuar a sentir as bolboretas no estómago cando el a chama por teléfono, cando el lle fala, cando el aparece...
Tamén sei o divina que é esa sensación de súa paixón por el!
Ah... Mas tamén está a dor... A dor das despedidas... A dor da distancia que os separa... Mas, se ela fecha os ollos, el está sempre ao seu carón... Se fecha os ollos revive cada detalle dos seus encontros... Revive cada detalle daqueles inesquecibles días á beira do mar... 
Entón, neses momentos, ela sinte que non están lonxe un do outro... Eles fican preto, apenas ao alcance de un bico...

sábado, 8 de xuño de 2013

Na Nube Da Saudade

E ela está con saudades... Saudades de ti...
E ela sempre está a lembrar aqueles poucos momentos que estabades os dous a conversar...
E lembra como tu a facías sentir como quen está nunha nube, no ar, e non cos pés no chan...

Esa nube... Que nube marabillosa... Unha nube de nervios... Unha nube de ilusión... Unha nube de bolboretas na barriga e amor no corazón...

E o tempo pasou... E ela continúa na nube... Alí ficou, sempre á túa espera... Na nube... Non a deixes baixar... Sabes que está sempre alí... A te adorar...

xoves, 6 de xuño de 2013

Em Torno Ao Candeeiro Paira Uma Borboleta





Em torno ao candeeiro desolado

Cujo petróleo me alumia a vida,

Paira uma borboleta, por mandado

Da sua inconsistência indefinida.
Fernando Pessoa 

xoves, 30 de maio de 2013

Amigo, Non Me Deixes Marchar

Amizade é un sentimento do que todo mundo gusta falar
Moitas palabras se teñen escrito
Idealizando os amigos que sempre fican ao noso lado.
Zafiros e diamantes case non brillan a carón dos amigos.
Difícil é para sempre conservalos...
E por iso eu agora digo: 
Ti que es meu amigo, non me deixes marchar...
Podo non querer voltar!!!

martes, 28 de maio de 2013

Podes Ter Confianza En Min

Confianza é unha palabra moi fácil de dicir.
O que xa non é así tan doado é realmente confiar.
Non é que sexa imposible. Mais todos sabemos:
Fiables son moi poucas persoas ao noso redor.
Ilusionámonos con alguén e confiámoslle os nosos segredos,
As nosas esperanzas máis íntimas, e, infelizmente,
Non garda o segredo, non é confiable e espalla
Zigzagueante, cal bolboreta no ar
Aquilo que prometeu gardar.
                                        Pero ti, si, ti que me estás a ler, 
sabes que ese teu segredo,
ese que a medias partillamos, 
fica seguro comigo.
Só ti e mais eu sabemos...

sábado, 25 de maio de 2013

Enraizado No Pensamento Sen Esquecemento


Moito esperaba por este día.

Aínda que ela non o dicía.

Reinaba no seu interior a ilusión.

Ía poder verte, ía poder tocarte!
Ai, amor que se foi polo aire...
Deixaches no olvido a túa promesa.   

Esqueceches de onte para hoxe

Lonxe ficades, ti dela, e ela de ti.


Coitada, o día pasou a se laiar.

A pensar e maquinar como te esquecer.

Ruxía o vento na súa fiestra

Moitas nubes polo ceo correron

E ti, enraizado, sempre no seu pensamento.

Nunca chegará o esquecemento?!

venres, 17 de maio de 2013

Letras Galegas 2013: Vidal Bolaño

E hoxe o Día Das Letras Galegas está dedicado ao dramaturgo Roberto Vidal Bolaño.

Deixo un fragmento de unha das súas obras teatrais. Moi boa a imaxe poética sobre o galego e os que queren a súa desaparición.

TODOS: Non hai raio que te entenda.
XAXARA: Esta terra é terra boa e como tal ten moitas cousas de seu. Como a fala, porexemplo. Se nos quitan esa fala, fan que o noso
sexa seu. E si por riba rematan cos costumes,coas cantigas, cos bailes e coa música que a xente e a terra nos deu, xa non seremos ninguén e todo o noso poderá ser dos xigantóns coma el.
TODOS: E que temos que facer?
XÁXARA: Xustamente aquilo que non quere el! Escoitade raparigos, escoitade o que vos digo. Se se lle toca no ouvido revírase de tal xeito a cachola que nin sequera pode ollar de esguello. E cando lle soa moi preto unha gaita, non pode terse de pé e brinca e reviravolta a eito coma se o levara o máis fero dos ventos. E se por riba aínda, se lle fala en galego, engrúñase coma un vermiño, perde os folgos polo cú, escomeza a tremar co medo, énchenselle as latas de buracos e remata trocándose de súpeto nun pequecho e porcallento rato...
"XÁXARA, PEITUDA, PANIOGAS, TARELO, O RAPAZ E O CACHAMÓN"

 ROBERTO VIDAL BOLAÑO

domingo, 12 de maio de 2013

Aprender O Idioma Das Árvores

"Eu queria aprender o idioma das árvores.
Saber das canções do vento nas folhas da tarde.
Eu queria apalpar os perfumes do sol."
                                       Manoel de Barros

venres, 10 de maio de 2013

Día Mundial Do Lupus, 10 De Maio

No día 10 de maio celébrase o día mundial do Lupus. É unha forma de cocienciar á poboación sobre esa enfermidade crónica autoinmune e que atinge a máis de 5 millóns de persoas en todo o mundo.
Este ano, o “lema” da campaña é unha man extendida en forma de L...
Esta campaña conta con moitos seguidores, persoas anónimas e tamén persoas coñecidas. Unha das persoas famosas que se uniu moi pronto a esta campaña é Chris Martin, o cantante de Clodplay.
Os que me coñecedes, e tamén os que sodes seguidores ou lectores do blogue, sabedes que sempre me gustou Coldplay...
Ás vezes gústanos un cantante ou un grupo e non sabemos o porque..
As músicas, as melodías, as palabras das cancións...
Fan que se mova algo no noso interior... E ás vezes gústannos porque sabemos que hai algo máis...
Algo que chega ata alá, ata o fondo do corazón e fica alá...
E este é o Cris Martin, bo músico e tamém boa persoa...
Que non fica afastado dos problemas da sociedade...
Aí está ele na campaña LupusHandSign