E hoxe choveu a tarde toda.
Mais as tardes de chuva tamén son
interesantes.
Ás veces non teñen nada de aburridas.
Quedar na casa sen nada facer, ollar pola
xanela e ver a xente a correr debaixo dos seus paraugas, ollar as pingas de
auga cair devagar, escoitar o repiqueteo da chuva no cristal, mirar as follas
das árbores danzar no ar movidas polo vento e escapar coma tolas lonxe do seu
tronco...
E logo, claro... Está a música... Esa música
que me gusta tanto... A miña música de sempre... Ou as novas músicas, esas músicas
que agora coñezo e que adoro desde xa.
E hoxe, pois si, foi unha tarde moi musical...
Todo un
concerto no último sábado de setembro que ficará por sempre na miña memoria.
Ningún comentario:
Publicar un comentario