martes, 27 de marzo de 2012

A Verdade No Ollar

Hai veces en que quixeramos gritar ao mundo mais de catro verdades que levamos dentro, máis de un sentimento que pulula no noso interior...
Mais os impedimentos sociais, as normas, ou incluso a nosa cobardía non nos deixan sacalos afóra... 
Pero hai algo que non podemos ocultar: A verdade está escondida detrás da nosa mirada... 
Eu sempre pensei que os olhos din a verdade...No olhar de unha persoa podemos ver, e inclusive ouvir, todo aquilo que as palabras non consiguen expresar... 
Por iso, a min gústanme os ollares, son transparentes, non esconden nada...
E aínda que estou de acordo coa xente que pensa que é necesario ocultar verdades, que necesitan seren dixeridas antes de poderen ser reveladas, para min é moi difícil ocultar a verdade...
 O meu rostro, e o meu ollar, din todo, transmiten os meus sentimentos, por mais que eu non queira...

venres, 23 de marzo de 2012

Xa Alcanzamos 15.000 Visitas... Moitas Grazas!!!

E en Camelia Branca Do Ar continuamos de celebración... Se o outro día celebrabamos o primeiro aniversario do blogue, agora celebramos que xa alcanzamos as 15.000 visitas...
 Moitas grazas a todos por estar sempre aí a nos ler!!! E hoxe só deixo um poema de Alberto Caeiro, un dos seudónimos de Fernando Pessoa:
   Se falo na Natureza não é porque saiba o que ela é.
   Mas porque a amo, e amo-a por isso,
   Porque quem ama nunca sabe o que ama
   Nem por que ama, nem o que é amar...

mércores, 21 de marzo de 2012

Ser Poeta

Eu quixera ser poeta...
Quem me dera ser poeta...
Saber coas palabras xogar
e así todos eses sentimentos
que acubillo no meu interior
poder expresar.

Mais as palabras non chegan,
e as emocións
quedan arredadas nun recuncho,
alá no fondo, moi fondo...
Quedan sempre desexando ver
a raiola do sol,
o orballo nas flores
e as cores do arco da vella no ceo...
Quixera que aínda que fose 
só por un día, 
as letras, as palabras,
entrasen pola porta 
da miña alma
e chegasen alá, 
tímidas ou atrevidas,
se fixesen donas de min 
e construíran 
o poema máis fermoso 
para eu poder ofrecer...

Non sei se elas 
serían ordenadas, ou non,
tristes ou alegres e riseiras, 
impulsivas ou mixiricas...
Eu só quero palabras...
Só palabras...
Claro que, se é por pedir...
O mellor é que trouxeran
con elas un agasallo:
un sorriso para debuxar
na miña face hoxe tan cansa,
hoxe tan... 

venres, 16 de marzo de 2012

Camelia Branca Do Ar: Un Ano De Vida

E así como quen non quere a cousa este blogue Camelia Branca do Ar xa ten un ano de vida...
Empezamos case “por obrigación”,  pois crear un blogue, era unha das tarefas de un curso de informática que eu estaba a realizar daquela...
Lembro que enseguida souben o nome que eu lle ía poñer: Camelia Branca do Ar, porque sempre  me gustou moito esta expresión, que como xa expliquei no seu día é un dos versos do poema: “Madrigal á cibdá de Santiago”, un dos poemas en galego de Federico García Lorca...
García Lorca... Precisamente él, un dos meus poetas preferidos, foi o protagonista do primeiro post... Un post, case de proba, moi sinxelo, sobre a vida e obra do gran Federico.
Lembro que, como era un blog de prácticas, eu non tiña falado del con ninguén... Só sabían da súa existencia as persoas encargadas do curso, e Ramón, que me axudaba cos meus problemas cibernéticos...
Pero un bo dia o meu amigo Tony Madureira “descubriu” a súa existencia... Él, Tony, foi o primeiro seguidor, e tamén a primeira persoa en deixar o seu comentario... E así, eu era a única persoa do curso cuxo blogue tiña seguidores e persoas a comentar...
Isto animoume a querer facer cousas mellores e diferentes... E tamén me animou a seguir publicando despois do curso, algo que non estaba na miña mente en un principio, nin por asomo...
E así pouquiño a pouco fóronse agregando outros seguidores, novos lectores... E chegamos ao día de hoxe con máis de 14.630 visitas... Algo que non podo máis que agradecer a todos: Moitas grazas polas vosas visitas...

 E unha mención destacada para os meus amigos portugueses que deixan case sempre os seus comentarios, a todos muito obrigada, e unha mención especial para o meu amigo Tony Madureira, polas súas visitas, as súas palabras, e en definitiva por ter chegado ata aquí: o noso primeiro aniversario!!!
MOITAS GRAZAS A TODOS!!!!!!!!!!!!!

mércores, 14 de marzo de 2012

Expresar Os Sons Do Silencio Do Noso Corazón

Moitas veces temos medo de dicir o que sentimos... Danos vergonza expresar os nosos sentimentos... Pero eu penso que non debería ser así...
Deberiamos ser libres para falar o que realmente está no noso interior...
Creo que dicir a alguén: "eu ámote" é moi bo... Moi bo para o que o escoita, e moi bo tamén para quen o di... Por iso non debemos enterrar as emocións nin deixar que unha palabra de cariño morra nos nosos beizos... Hai que facela saír... Non hai que ter medo... Non temos nada que perder, e sí,  moito que gañar...

Por iso hai quen di que a coraxe é aliada do amor... E así, quen ama, con coraxe, ten que perder o medo, buscar, se fai falta, algunha axuda, bombóns, poesías, música... E facer acontecer...
E mesmo hai veces en que nos apetece gritar os nosos sentimentos... Mais ás veces, ese son non sae ao exterior e o noso corazón libera un berro silencioso que só nós oímos... Por iso tamén, sen dúbida, debemos estar atentos aos sons do silencio.

sábado, 10 de marzo de 2012

Usar máscara ou ser un mesmo?

 

No tempo do Entroido falaba eu aquí no blogue sobre as persoas que son capaces de andar pola vida sempre cunha máscara posta… 
Pois agora, pouco tempo despois, volveu  xurdir o tema cunha pregunta feita polo meu amigo Tony Madureira: Quantas máscaras usas? Quando consegues ser realmente tu?
E eu aí xa sabía que respostar, non tiña ningunha dúbida:
Pois eu, non teño ningunha máscara.... O que se ve é todo o que hai en min... Pódevos gustar ou non...
 Mais  eu non son capaz de presentar agora, e para unhas persoas, unha cara, e despois, para outras, outra diferente... 
Ás veces eu desexaría que a miña expresión, o meu xesto non expresara os meus sentimentos, mais é algo que eu non podo controlar...
Todo o que eu estou a sentir está refrexado na imaxe que  estades  a ver... Se eu estou contenta  podédelo ver... O sorriso no meu rostro é totalmente sincero...
E se eu fico triste, tamén o  podedes ollar en min... As bágoas que escapan dos meus ollos, non son bágoas de crocodilo... A miña mágoa é totalmente sincera... Podedes acreditar... Non hai duplicidade en min... Son incapaz...  
E non pensedes que non tentei cambiar... Eu ás veces admiro esas persoas que son capaces de mostrar unha imaxe totalmente diferente nunha ou noutra situación... Elas están sempre coa máscara posta... Mais xá digo, é só ás vezes... Pois eu sei que eu non sería “eu” se eu actuase doutra maneira... Se cadra xa é hora de que eu compre unha máscara... Ou não??

xoves, 8 de marzo de 2012

Homenaxe Á Muller Traballadora

Un pouco de historia: Por que o día internacional da muller?
No 8 de marzo de 1857, as operarias de unha fábrica textil de Nova Iorque declaráronse en folga, ocupando a fábrica, para reinvindicaren a redución dun horario de mais de 16 horas diarias e cambiar para traballar "só" 10 horas.
 Elas, aínda traballando o mesmo, ou máis, recibían menos de un tercio do salario que se lles pagaba aos homes, e a súa petición non foi atendida.
Elas entón, decidiron encerrarse na fábrica, como medida de presión. Mentres elas están dentro, prodúcese un incendio, suponse que intencionado, e cerca de 130 traballadoras morreron queimadas.
Como homenaxe a estas mullleres, en 1910, en unha conferencia internacional de mulleres, celebrada en Dinamarca, decidiuse conmemorar o 8 de marzo como día internacional da Muller.
Por iso estas flores son a miña homenaxe a todas as mulleres que loitamos por un mundo mellor para todos.
E tamén vos deixo esta canción de John Lennon con unha bonita música e lindas palabras para "a muller"... PARABÉNS A TODAS!!!!!!

sábado, 3 de marzo de 2012

Disfrutar do camiño

Acontece que estamos sempre a tomar decisións... Mais non hai decisións que duren toda a vida...
O que importa é a vida do día a día... 
Por iso na vida é mellor ir de vagar, paseniño,  pasiño a pasiño, un enfrente de outro e sempre, sempre desfrutando do que o camiño nos ofrece.

mércores, 29 de febreiro de 2012

Follas Ao Vento Sen Rumbo

Pois... Sí... Ás veces pasa... Camiñamos polo simple feito de camiñar...
Somos como follas ao vento... Sem rumbo... Mais... tanto ten... O que importa é non ficar inmóbil... Continuar sempre a camiñar... E sen dúbida... Un día... O destino será noso!!

domingo, 26 de febreiro de 2012

A Música É Vida

A min, desde ben pequena, gústame moito a música... 
Lembro aqueles cantares con que miña avoa amenizaba o tempo que ela pasaba a coser, que era moito, pois era costureira, e que eu primeiro escoitaba, pasmada, e logo intentaba reproducir...
Lembro aqueles sons e aquelas letras que Lola, a tía de miña nai traía das súas longas estadías lonxe de nós, e que falaban de covas, de meigas, de serpes, de mouras a se peitear nunha rocha, de amores... E que me amosaban un mundo rico en aventuras e cheo de harmonía...
E como non lembrar aquelas cantigas dos nosos xogos de infancia tantas e tantas veces repetidas ao longo desa bonita etapa na miña vida...
E que dicir dos bailes da nosa adolescencia... E aqueles discos de vinilo de cantantes, bandas e grupos, galegos, españois e internacionais que escoitabamos a todas horas.....
 E non podo deixar de mencionar á “Madre Eguilior” e á “Madre Tablado” que me introduciron no mundo da música clásica, e descubriron en min unha voz, que segundo elas había que “cultivar”, cando eu cheguei ás súas mans, e que certamente deu os seus froitos, pois aínda hoxe adoro cantar e os que me escoitan, despois da sorpresa inicial, e de dar cerrado a boca, falan que é unha voz moi doce e bonita... 
Entón, como digo, eu paso a vida a cantar...   
Por iso, eu sería incapaz de vivir sen música... A música está sempre aí, en calquera momento e situación... Cando eu estou alegre, cando eu estou triste, cando río, cando eu choro... Ou cando eu fico sen palabras...
Aí está sempre a música e esas persoas importantísimas: Os músicos, para expresar todas as miñas emocións... O que se pasa pola miña na cabeza e, tamén, e máis importante, o que acontece no meu corazón... Por iso moitas grazas por estar aí!

martes, 21 de febreiro de 2012

A Vida É Un Carnaval

Ás veces danme gañas de ser outra persoa...
Poder poñer um simple anteface ou unha máscara e que ninguén me recoñeza nin saiba quen eu son...
Se cadra podería realmente actuar diferente...
Como esas persoas que levan unha máscara sempre posta... Para elas todo o ano é carnaval... Son capaces de aparentar unha personalidade diferente dependendo con quen se atopen ou con quen teñan que interaccionar...
Mais... Eu... Coñézome ben e sei que sería incapaz de ser outra persoa distinta de quen eu son realmente... Non teño dobre sentido nunca... E um simple anteface non mudaría os meus costumes... 
Ou si??? 

mércores, 15 de febreiro de 2012

Nós: Máis Alá Do Horizonte

Penso que na vida non temos que conformarnos con permanecer só naquel espazo onde nacemos e vivimos...
Creo que non debemos, para nada ser coma a lagoa, que fica contenta cos seus límites... Nós temos que ollar máis lonxe e ir alén do que temos ao noso arredor...
Eu prefiro ser coma o mar, ou, se cadra, coma o océano, que nunca está conforme e sempre está a buscar novos límites, novos desafíos, novos lugares polos que transcorrer... 
Non temos que ter medo a voar lonxe, o máis alto que poidamos... Temos que soñar, fantasear, seguir os mandados do noso corazón... Non encasillarnos, abrir o corazón para a alegría e pechar o paso á indiferenza...
Temos que poder ollar para o infinito e, ao mesmo tempo, tratar de atopar o mellor que hai dentro de nós, no noso interior... 
E nada mellor que abrirmos os ollos, sermos únicos, sermos nós mesmos...

sábado, 11 de febreiro de 2012

Perseguir E Alcanzar Os Soños

É seguro que todos nós albergamos algún soño no noso interior... Eu, por exemplo, sempre estou chea de soños... 
Mais sempre hai quen diga que na vida é mellor vivir a realidade antes que estar a pensar en algo, quizáis imposible de realizar... 
Pero eu creo que soñar é necesario... A realidade tornaríase moi insípida sen un ideal que buscar e alcanzar...
Tambén creo que se perseguimos con afán o acadar os nosos soños... Máis tarde ou máis cedo ímolo conseguir...
O segredo é olhar para o noso soño e correr detrás del sen medo dos obstáculos que atopemos no camiño... Sen medo a saír ao ar, baixo a luz do sol ou camiñar na escuridade... Sen temor a marchar por lugares sen fin ou por ruelas estreitas...
Pois o que é bonito está aí, no seu lugar secreto e seguro a existir para sempre... E fica á nosa espera... Se continuamos a busca, con certeza que o temos que encontrar... 
Por iso...Non desistas...Continúa a camiñar ... Non deixes o teu soño esperar unha eternidade...

mércores, 8 de febreiro de 2012

Vivir Momentos Únicos

No noso paso por esta vida é certo que podemos vivir momentos únicos... Momentos que temos que desfrutar e aproveitar para sentirmos todas as emocións posibles... 
Para iso debemos dar sempre todo o noso mellor e depositar o noso cariño, a nosa ilusión e a nosa meirande alegría en todo aquilo que facemos... Tamén temos que deixar a présa na casa e ir devagariño polos camiños a ollar todo o que sae ao noso encontro...
Se cadra, ás veces mesmo temos que arriscar o estarmos tranquilos ao calor do lar, sen alteracións no noso día a día e saír ao sol, á chuva, sentir o frío do ar na nosa faciana...
Sabemos que a vida é só unha e as oportunidades poden pasar só unha vez pola nosa porta...
Entón, sen dubidar... A aproveitar a vida!!!

sábado, 4 de febreiro de 2012

Días Fríos De Inverno

Días de Inverno,
noites de xiada,
mañás  de frío...                                           
E, eu, aquí, soliña,
tremendo no campo cuberto
co seu manto branco
de armiño...
Sinto na cara o vento conxelado
que ha levar lonxe
as nubes negras
dos meus pensamentos
escuros e tristeiros...
Luvas, cachecol,
e gorra de lá na cabeza...
Non sei se estou preparada
para a longa travesía...Da vida...

Mais, o sol, o sol do teu cariño,
xa ven chegando paseniño,
xa ven chegando mansiño...
E con el traerá a lareira para quecer
a miña alma cansa e sen carraxe para mudar...

E unha voz ao meu lado besbexa:
"Segue na luita... Segue camiñando!"
E, eu, escoito... E, sumisa, fago....
Comezo a camiñar... Xa non ficarei aquí, ao frío...
Novas rutas, novos desafíos, novas metas
Están a me esperar... Sempre a camiñar!!!

mércores, 1 de febreiro de 2012

Moitas Grazas Por estar aí

E... Ben!!... Paseniño, paseniño xa temos chegado ás 12.000 visitas...
     A verdade que aínda non o creo...  
Cando comecei a publicar no blogue era case máis un experimento, un querer saber como era este mundo dos blogs... A miña intención non era ficar por moito tempo... Pero, grazas a vós queridos lectores, lectoras, amigas  e amigos todos que visitades Camelia Branca Do Ar aquí estou eu... Aínda non marchei...
Que canto tempo máis estarei?? ... Ui...Iso é difícil de dicir... En principio seguirei por este mundo virtual un pouquiño máis... Tanto como vós sigades gustando do que aquí escribo!!
Por iso a todos os que por aquí pasades moitas grazas por estar aí!!! E continuade así!!! Xa sabedes que sodes sempre benvidos!!! Un bico e 12.000  sorrisos...  :-))
Mary Carmen

luns, 30 de xaneiro de 2012

Día Da Paz

Hoxe en todo o mundo celébrase o dia internacional da PAZ. Conmemórase neste día pois é a data, en que faleceu o líder pacifista Mohandas Gandhi.
E quero deixar hoxe aquí unhas palabras que lembrei de Gandhi e que falan de que a vida é un espello e que che devolve aquilo que está reflexado nel:
" A vida ensinoume que a xente é amable se eu son amable... Que as persoas están tristes se eu estou triste... Que todos me queren se eu os quero... Que hai caras sorrintes se eu sorrío...
Que o mundo é feliz se eu son feliz... Que as persoas son agradecidas se eu son agradecido... A vida é como un espello: Se eu sorrío, o espello devólveme o sorriso... A actitude que eu tome frente a vida é a mesma que a vida tomará ante min... O que queira ser amado... QUE AME!!!"
Deixo tamén a maravillosa canción  de John Lennon: Imagine...
VER E ESCOITAR IMAGINE JOHN LENNON

sábado, 28 de xaneiro de 2012

Seguridade E Confianza Vencen Os Desafíos Con Equilibrio

Todos nós necesitamos sentirnos seguros, a que sí?? Por iso, no noso camiñar pola vida, procuramos pasar por sitios donde poder afincar ben os nosos pés... Necesitamos sentir a seguridade de que tocamos terra firme, e de que os nosos pasos nos levan certeramente ao lugar donde está a nosa meta... Entón, sentímomos seguros e gañamos confianza en nós mesmos... E é esa confianza en nós a que nos fai avanzar máis e máis rápido e non deixa que o medo se impoña...

Así o noso desexo de participar na vida e disfrutar de todo o bo que nela atopamos, agranda e medra con entusiasmo... Xa pouco importan os desafíos que ás veces aparecen na nosa senda... Sabemos que podemos vencer e enfrentalos encaralos con coraxe e con ilusión... Aínda que teñamos que facer equilibrios sobre a corda floxa do destino, sabemos que podemos triunfar... E ímolo conseguir!!! 
 Porque o éxito é dos que se atreven... Ánimo: xa é noso!!!

xoves, 26 de xaneiro de 2012

O Sonho Comanda A Vida

Un día, cando eu falei aquí no blog sobre "unha nena chea de soños", o meu amigo Tony Madureira deixou un comentario con estas palabras: "O sonho comanda a vida"...
A min gustáronme moito estas palabras e fiquei interesada en saber quen as tivera escrito... Eu podería ter preguntado directamente ao Tony, mas decidi pescudar eu mesma en Internet... Alí, xa sabedes que podemos achar de todo... E eu tamén achei o que buscaba: Esas palabras pertecían ao poema "Pedra filosofal" do poeta portugués António Gedeão... Así foi como entrei en contacto con outro escritor portugués que agora tamén me encanta...
Gústame moito todo o poema "Pedra filosofal" mas agora só vos vou deixar dous dos fragmentos que máis me gustan:

Eles não sabem que o sonho
é uma constante da vida
tão concreta e definida
como outra coisa qualquer,
como esta pedra cinzenta
em que me sento e descanso...

Eles não sabem, nem sonham,
que o sonho comanda a vida,
que sempre que um homem sonha
o mundo pula e avança
como bola colorida
entre as mãos de uma criança.
Deixo tamén un vídeo dunha versión do poema con música... Moi linda tamén...Ademais ten toda a letra do poema... VER AQUÍ A CANCIÓN

xoves, 19 de xaneiro de 2012

Facer E Acreditar Para Ser Vencedor

Este noso mundo de hoxe tan competitivo pertence a quen se atreve... Nel non hai moito lugar para os débiles...
E aí o tendes... Aí está el... Río arriba... Poñendo a vida en cada impulso que dá... A loitar el soíño sen compañía... A loitar polo seu ideal... A loitar contra corrente...
Xa non importa se gaña ou perde... Por ter ousado facer e acreditar xa é vencedor!!!

martes, 17 de xaneiro de 2012

Ficar Parados A Pensar



Ás veces no noso camiñar pola vida é bo para nós que fiquemos parados a pensar un pouquiño...

E que pensar??
Pois... Pensar o próximo paso que queremos dar...

Reflexionar sobre que dirección deben elixir os nosos pasos...
Só entón poderemos decidir...
Se continuamos a nosa vida rutinaria de sempre ...

Ou se mudamos a nosa vida por completo....

sábado, 14 de xaneiro de 2012

A Ilusión De Voar En Liberdade En Ás Dos Sentimentos

Desde que o ser humano camiña sobre a Terra sempre tivo unha ilusión: Voar... Poder voar libremente como os paxaros... E voar aínda hoxe é, e sempre será, unha bonita ilusión...
Se eu puidese ter ás, con certeza voaría alto, ben alto... Serenamente e en liberdade... Rumbo ao azul infinito...
Mas... As miñas ás, por agora, non teñen plumas... Non se poden nin ver nin tocar...
Por agora o meu voar é un voar nas ás da imaxinación... É apenas un flutuar no espazo dos meus pensamentos e planear nas emocións dos meus sentimentos...

mércores, 11 de xaneiro de 2012

As Augas Baixan Calmas

Hai veces en que as augas da nosa vida se deslizan tranquilas e calmas... É entón cando podemos ollar en frente con optimismo... E... Podemos permitirnos sorrir... E co sorriso serenamos o corpo e tamén a nosa alma, que pode xa soñar... Si... Soñar libremente... Porque o soñar... Sempre é libre!!!

luns, 9 de xaneiro de 2012

Obstáculos E Axuda No Noso camiño

Ás veces no noso camiñar atopamos obstáculos que nos impiden continuar... Mas non debemos desesperar... Non está todo perdido... Sempre haberá un outro percorrido a realizar, se cadra, mais longo, menos directo, mas que tamén nos leva a conseguir o noso propósito... E que nos deixa na meta final...
E nese noso camiñar cheo de obstáculos, sempre é bo ter ao noso carón, unha persoa en quen poder confiar plenamente, alguém que nos ofreza a súa forza, cando nos sentimos débiles, un hombreiro sobre o que poder descansar o noso corpo magoado na loita!!

mércores, 4 de xaneiro de 2012

Chove En Santiago

Neste tempo de descanso navideño, as miñas amigas,  Mª José, Isabel e mais eu, achegámonos ata Santiago de Compostela simplemente para estar xuntas e dar un paseo.
 A verdade é que estivemos pouco tempo pois Isabel tiña que coller o avión que a levaría ata a illa de Mallorca para pasar alá parte das vacacións coa súa irmá Marga e familia... E como non podía ser menos, como sempre que se fala da cidade do Apóstolo... Pois... Estaba a chover... Non podía fallar...
E entón eu lembreime do fermoso poema que Federico García Lorca dedicou, en galego, á capital de Galicia: "Chove en Santiago"...
E que eu teño sempre na parte dereita do blog, porque me gusta moito a poesía de Lorca e porque un dos versos deste poema é o que dá nome ao meu blog: Camelia Branca Do Ar brila entebrecida ao sol...
 E aínda que hai un tempo xa dediquei un post a esta poesía, é tan linda que non resisto a tentación de publicala de novo...

Madrigal á cibdá de Santiago
Chove en Santiago
meu doce amor
camelia branca do ar
brila entebrecida ao sol.        
Chove en Santiago
na noite escura.                                         
Herbas de prata e sono
cobren a valeira lúa.
Olla a choiva pola rúa
laio de pedra e cristal.
Olla no vento esvaído
soma e cinza do teu mar.
Soma e cinza do teu mar
Santiago, lonxe do sol;
ágoa da mañan anterga
trema no meu corazón.                    
                                                                                                                   VER AQUÍ AS FOTOS DO PASEO