E así como quen non quere a cousa este blogue Camelia Branca do Ar xa ten un ano de vida...

Lembro que enseguida souben o nome que eu lle ía poñer: Camelia Branca do Ar, porque sempre me gustou moito esta expresión, que como xa expliquei no seu día é un dos versos do poema: “Madrigal á cibdá de Santiago”, un dos poemas en galego de Federico García Lorca...
García Lorca... Precisamente él, un dos meus poetas preferidos, foi o protagonista do primeiro post... Un post, case de proba, moi sinxelo, sobre a vida e obra do gran Federico.
Lembro que, como era un blog de prácticas, eu non tiña falado del con ninguén... Só sabían da súa existencia as persoas encargadas do curso, e Ramón, que me axudaba cos meus problemas cibernéticos...
Pero un bo dia o meu amigo Tony Madureira “descubriu” a súa existencia... Él, Tony, foi o primeiro seguidor, e tamén a primeira persoa en deixar o seu comentario... E así, eu era a única persoa do curso cuxo blogue tiña seguidores e persoas a comentar...
Isto animoume a querer facer cousas mellores e diferentes... E tamén me animou a seguir publicando despois do curso, algo que non estaba na miña mente en un principio, nin por asomo...
E así pouquiño a pouco fóronse agregando outros seguidores, novos lectores... E chegamos ao día de hoxe con máis de 14.630 visitas... Algo que non podo máis que agradecer a todos: Moitas grazas polas vosas visitas...
E unha mención destacada para os meus amigos portugueses que deixan case sempre os seus comentarios, a todos muito obrigada, e unha mención especial para o meu amigo Tony Madureira, polas súas visitas, as súas palabras, e en definitiva por ter chegado ata aquí: o noso primeiro aniversario!!!
MOITAS GRAZAS A TODOS!!!!!!!!!!!!!
Muitos parabéns Camélia Branca do Ar!
ResponderEliminarGosto de Camélia Branca do Ar!
ResponderEliminarOlá Mary,
ResponderEliminarObrigado pelas palavras!
Olá Tony!!!
ResponderEliminarJá sabes nada para agradecer...
Tu é que mereces...
Pois por ti é que o blogue continua ainda por cá a publicar...
Muito obrigada a ti...
Mary