Días de Inverno,
noites de xiada,
mañás de frío...
E, eu, aquí, soliña,
tremendo no campo cuberto
co seu manto branco
de armiño...
Sinto na cara o vento conxelado
que ha levar lonxe
as nubes negras
dos meus pensamentos
escuros e tristeiros...
Luvas, cachecol,
e gorra de lá na cabeza...
Non sei se estou preparada
para a longa travesía...Da vida...
Mais, o sol, o sol do teu cariño,
xa ven chegando paseniño,
xa ven chegando mansiño...
E con el traerá a lareira para quecer
a miña alma cansa e sen carraxe para mudar...
E unha voz ao meu lado besbexa:
"Segue na luita... Segue camiñando!"
E, eu, escoito... E, sumisa, fago....
Comezo a camiñar... Xa non ficarei aquí, ao frío...
Novas rutas, novos desafíos, novas metas
Están a me esperar... Sempre a camiñar!!!
Tibeches que pasar un frioooo !!!!!! profe Mary
ResponderEliminarOlá,
ResponderEliminarEu gosto de frio...
Ola María, pois sí que pasei frío.. Mais logo saiu o sol!
ResponderEliminarOlá Tony!!!
ResponderEliminarTu gostas de frio, gostas de chuva...
E eu gosto das tuas visitas e das tuas palavras!!!
Muito obrigada por estares sempre ai!!!
BJS
Mary
Ola profe!!!, canto tempo sen botarlle unha ollada a este blog, encántame enhoraboa...
ResponderEliminarGustaríame que estiveras connosco no insti, enseñándonos cousas novas... espero que os teus alumnos disfruten todo este tempo contigo...
Como sempre, RISOS...
Sabela M.F. 6ºA!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!
Ola Sabela!!
ResponderEliminarEncántame que che siga gustando o blog... E eu tamén querería estar con vós no insti... Pero a vida é así...
Eu tamén espero que os meus alumnos disfruten tanto como a clase de 6º A disfrutamos nocurso pasado!!
Moitos bicos e RISOS...
Olá!
ResponderEliminarMuito bem!