Neste tempo de descanso navideño, as miñas amigas, Mª José, Isabel e mais eu, achegámonos ata Santiago de Compostela simplemente para estar xuntas e dar un paseo.
A verdade é que estivemos pouco tempo pois Isabel tiña que coller o avión que a levaría ata a illa de Mallorca para pasar alá parte das vacacións coa súa irmá Marga e familia... E como non podía ser menos, como sempre que se fala da cidade do Apóstolo... Pois... Estaba a chover... Non podía fallar...
E entón eu lembreime do fermoso poema que Federico García Lorca dedicou, en galego, á capital de Galicia: "Chove en Santiago"...
E que eu teño sempre na parte dereita do blog, porque me gusta moito a poesía de Lorca e porque un dos versos deste poema é o que dá nome ao meu blog: Camelia Branca Do Ar brila entebrecida ao sol...
E aínda que hai un tempo xa dediquei un post a esta poesía, é tan linda que non resisto a tentación de publicala de novo...
Madrigal á cibdá de Santiago
Chove en Santiago
meu doce amor
camelia branca do ar
brila entebrecida ao sol.
Chove en Santiago
na noite escura.
Herbas de prata e sono
cobren a valeira lúa.
Olla a choiva pola rúa
laio de pedra e cristal.
Olla no vento esvaído
soma e cinza do teu mar.
Soma e cinza do teu mar
Santiago, lonxe do sol;
ágoa da mañan anterga
trema no meu corazón.
VER AQUÍ AS FOTOS DO PASEO
Profes,(Isabel, Mª José y Mª Carmen) que guapas estades as tres na Alameda de Santiago de Compostela gustame moito a foto nas que estades coas dúas en punto, eu tamén teño unha no mesmo lugar, xa vos contarei a historia en clase, as outras fotos tamén están ben e gustame moito esa camelia, a da foto.
ResponderEliminar¿Profe, xa se te pasou a fisura no dedo, espero que si?
Echovos moitísimo de menos as tres bicos e apertas da vosa alumna Isabel.
Un día entrañábel, mais como non ía chover estando en Santiago a súa embaixadora máis internacional coas súas amigas dando un relaxante paseo.
ResponderEliminarO luns xa nos vemos, a ver que nos conta Isabel da súa viaxe. Un bico M José.
Para a nosa queridísima alumna Isabel un bico moi forte e teño moita curiosidade pola súa historia.
Ola Isabel!
ResponderEliminarOla Mº José!
Trouxéronvos moitas coisas os Rei Magos???
Seguro que sí... Pois as duas sodes estupendas e merecedes moito!
Sorrisos e bicos
Mary Carmen
Olá,
ResponderEliminarViva o descanso!!
Olá Tony!!!
ResponderEliminarSim... Concordo contigo Viva o descanso!!
O mau é que já está a acabar e na segunda-feira já temos que ir trabalhar... Podia ser pior!!!
Muito obrigada pela visita e as palavras!!!
BJS
Mary Carmen