en posesión da verdade?
Refírome a esa xente que,
se fale do que se fale, elas teñen que levar sempre a voz cantante. Elas parece
que coñecen e dominan todos os temas, non importa cales eles sexan. Sempre son
as primeiras a falar e tamén son as que teñen a última palabra. Aínda que, na
maioría dos casos, despois, revélanse incompetentes e erradas nas súas opinións,
o cal parece non incomodalas en absoluto pois continúan sempre a comportarse da
mesma maneira antisocial sen emendarse nin mudar a súa forma de ser.
Fago esta pregunta porque é que ultimamente
parece que este tipo de persoas son as que están a chegar, de unha forma ou de
outra á miña vida... Claro que non depende de min que continúen a estar presentes
nas miñas actividades, pois de ser así, xa tería tomado medidas para non contar
con a compañía desta clase de seres humanos.
Falo destas persoas que, cheguen a onde cheguen,
queren ser as raíñas da festa e non se importan dos que xa lá estaban cando
elas chegan. Así, arramplan con todo o que se lles poña por diante, con tal de
facer a súa santa vontade. E, o que é peor aínda, ás veces actúan así co beneplácito
de algúns, seres mediocres, que non miran máis alá do seu nariz e que necesitan estar ao pairo desta calaña.
Quen me coñece sabe que, debido ao meu carácter
tímido, eu non son así en absoluto e que non me gusta nada esta clase de
individuos. Mais, como digo, infelizmente, ás veces, temos que convivir con eles aínda
que non queiramos...
Que saiban que, tanto os que así se comportan, como os que os aplauden e rin as súas grazas, teñen o meu total rexeitamento.
Penso que
cando chegamos de novos a un lugar, primeiro temos que observar o que sucede, e
sobre todo respectar os usos e costumes e non pasar por riba de calquera a
calquera prezo con tal de ter o protagonismo.
Mais tal parece que nesta nosa sociedade
actual os valores de sempre xa non se estilan...
Unha pena que así sexa! Non pensan?
Unha pena que así sexa! Non pensan?
Ningún comentario:
Publicar un comentario