E hoxe para min é un dia de lembranzas. De volver a vista atrás e ollar aqueles
instantes únicos, de sentimentos intensos que acontecen só unha vez na vida.
Si, porque ás veces, así, sen telo pensado,
aparecen feitos, que descobren dentro de nós facetas que non sabiamos, que nos
revolucionan o sentido e fan que novas formas de ollar a vida se mostren ante nós.
Son instantes máxicos,
claro que si! Eles
lanzan o noso corazón a bater dunha forma apresada e tola, sen control.
Momentos que queremos sentir unha e outra vez
e que cando desaparecen, nubes caprichosas, viaxeiras no ceo azul, pesan dolorosamente na distancia...
Mas a lembranza, caracola de son de mar interior, está aí, infíltrase, descarada no pensamento e fai
que saibamos que serán inesquecibles e insustituíbles.
E sempre serán o noso segredo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario