Morreu Nelson
Rolihlahla Mandela e o
mundo ficou máis pobre. Pero como el dicía:
«Debemos promover valor onde hai medo, promover a paz onde hai conflito e a esperanza onde hai desespero.»
«Debemos promover valor onde hai medo, promover a paz onde hai conflito e a esperanza onde hai desespero.»
Por iso eu teño a esperanza de que as súas palabras continuarán vivas e
aínda que unha grande persoa partiu, a súa luz continuará a iluminar por sempre
o noso planeta.
Un planeta que está cheo de vida, con momentos
e persoas que nos fascinan e nos marcan para sempre. E sen dúbida, Madiba é un deses
seres humanos especiais. Un home que loitou pola liberdade dos seus e de todos.
Un home que sufriu penalidades e castigos, pero que nunca tirou a toalla, nunca desistiu. E, sobre todo,
un home que soubo perdoar.
Símbolo da loita contra o Apartheid e merecido Premio Nobel da Paz, levou esperanza
a milleiros de persoas, non só no seu país senón tamén no mundo enteiro, sempre
facendo o ben.
Como xa dixen, a súa persoa xa non está no
medio de nós, pero si as súas palabras:
“A morte é inevitable. Cando un home fixo o
que considera o seu deber para o seu pobo e o seu país, pode descansar en paz. Creo
que eu teño feito ese esforzo, e é por iso, entón, que durmirei pola
eternidade,"
"Non hai nada
como a liberdade."
... Ata sempre Madiba! Descansa xa en paz!
profe encme todos os blogues
ResponderEliminarOla Irea!
ResponderEliminarAlégrome moito de que che gusten!
Un Bico
Mary Carmen