E hoxe está un día espléndido na cidade.
Así a súa capa de raios de luz esténdese sobre
os edificios, sobre o río, sobre os parques...
Un día así fai moito ben! Á nosa saúde e tamén ó noso espírito!
Precisamos sentir calor... O calor do sol, o calor da amizade, o calor dun bico, o calor dun abrazo...Precisamos sacudir de enriba nosa o frío destes días, o frío das ausencias, o frío das envexas, antes de
que nos chegue máis dentro, antes de que nos chegue á alma.
Mentres, alí, nos parques e xardíns, as
árbores continúan a cubrir o chan con esa alfombra chea das variadas colores con que o Outono nos agasalla, e que, eu,
camiñante persistente, piso unha e outra vez para sentir o seu ruxerruxe musical, baixo
os meus pés.
Ningún comentario:
Publicar un comentario