E parecía que hoxe era un día máis. Un día
como outro calquera, de levantarse e ir traballar. Un día máis.
Pero resulta que era o último día do
trimestre. Eu non quería pensar, estaba calma, tranquila...
Pero comezaron as celebracións, as músicas...
E vós non estabades alí...
E comezaron a chegar os antigos alumnos, todos
feitos un sorriso, a falar coas súas profes... E vós, os meus, hoxe, non
estabades alí, na miña nova escola...
E eu que quería non pensar... Que quería
facerme a dura... Comecei a recordar aqueles días xuntos... Aquela última nosa chocolatada
na escola, o voso benfacer, o voso entusiasmo... Comecei a ver as vosas caras,
os vosos sorrisos... E, claro, a emoción loitaba por manifestarse... Mas vós
non estabades alí...
E cando a melancolía xa parecía terse
apoderado da miña persoa, entón apareciches ti, coa túa espigada apariencia, cada
día máis preto do ceo... Apareciches ti, Laura, toda sorrisos alí a mirar para min!
E entón, sí, coa túa presencia e co teu abrazo desapareceron a nubes da tristura
e contigo chegou a sol da ledicia a iluminar o meu día!
Ningún comentario:
Publicar un comentario