Pois... Sí... Ás veces pasa... Camiñamos polo simple feito de camiñar...
Somos como follas ao vento... Sem rumbo... Mais... tanto ten... O que importa é non ficar inmóbil... Continuar sempre a camiñar... E sen dúbida... Un día... O destino será noso!!
mércores, 29 de febreiro de 2012
domingo, 26 de febreiro de 2012
A Música É Vida
Lembro aqueles cantares con que miña avoa amenizaba o tempo que ela pasaba a coser, que era moito, pois era costureira, e que eu primeiro escoitaba, pasmada, e logo intentaba reproducir...
Lembro aqueles sons e aquelas letras que Lola, a tía de miña nai traía das súas longas estadías lonxe de nós, e que falaban de covas, de meigas, de serpes, de mouras a se peitear nunha rocha, de amores... E que me amosaban un mundo rico en aventuras e cheo de harmonía...
E como non lembrar aquelas cantigas dos nosos xogos de infancia tantas e tantas veces repetidas ao longo desa bonita etapa na miña vida... E que dicir dos bailes da nosa adolescencia... E aqueles discos de vinilo de cantantes, bandas e grupos, galegos, españois e internacionais que escoitabamos a todas horas.....
E non podo deixar de mencionar á “Madre Eguilior” e á “Madre Tablado” que me introduciron no mundo da música clásica, e descubriron en min unha voz, que segundo elas había que “cultivar”, cando eu cheguei ás súas mans, e que certamente deu os seus froitos, pois aínda hoxe adoro cantar e os que me escoitan, despois da sorpresa inicial, e de dar cerrado a boca, falan que é unha voz moi doce e bonita... Entón, como digo, eu paso a vida a cantar...
Por iso, eu sería incapaz de vivir sen música... A música está sempre aí, en calquera momento e situación... Cando eu estou alegre, cando eu estou triste, cando río, cando eu choro... Ou cando eu fico sen palabras...
Por iso, eu sería incapaz de vivir sen música... A música está sempre aí, en calquera momento e situación... Cando eu estou alegre, cando eu estou triste, cando río, cando eu choro... Ou cando eu fico sen palabras...
Aí está sempre a música e esas persoas importantísimas: Os músicos, para expresar todas as miñas emocións... O que se pasa pola miña na cabeza e, tamén, e máis importante, o que acontece no meu corazón... Por iso moitas grazas por estar aí!
martes, 21 de febreiro de 2012
A Vida É Un Carnaval
Ás veces danme gañas de ser outra persoa...Poder poñer um simple anteface ou unha máscara e que ninguén me recoñeza nin saiba quen eu son...
Se cadra podería realmente actuar diferente...
Como esas persoas que levan unha máscara sempre posta... Para elas todo o ano é carnaval... Son capaces de aparentar unha personalidade diferente dependendo con quen se atopen ou con quen teñan que interaccionar...
Mais... Eu... Coñézome ben e sei que sería incapaz de ser outra persoa distinta de quen eu son realmente... Non teño dobre sentido nunca... E um simple anteface non mudaría os meus costumes...
Ou si???
Ou si???
mércores, 15 de febreiro de 2012
Nós: Máis Alá Do Horizonte
Penso que na vida non temos que conformarnos con permanecer só naquel espazo onde nacemos e vivimos...
Creo que non debemos, para nada ser coma a lagoa, que fica contenta cos seus límites... Nós temos que ollar máis lonxe e ir alén do que temos ao noso arredor...
Eu prefiro ser coma o mar, ou, se cadra, coma o océano, que nunca está conforme e sempre está a buscar novos límites, novos desafíos, novos lugares polos que transcorrer...
Non temos que ter medo a voar lonxe, o máis alto que poidamos... Temos que soñar, fantasear, seguir os mandados do noso corazón... Non encasillarnos, abrir o corazón para a alegría e pechar o paso á indiferenza...
Temos que poder ollar para o infinito e, ao mesmo tempo, tratar de atopar o mellor que hai dentro de nós, no noso interior...
E nada mellor que abrirmos os ollos, sermos únicos, sermos nós mesmos...
sábado, 11 de febreiro de 2012
Perseguir E Alcanzar Os Soños
É seguro que todos nós albergamos algún soño no noso interior... Eu, por exemplo, sempre estou chea de soños...
Mais sempre hai quen diga que na vida é mellor vivir a realidade antes que estar a pensar en algo, quizáis imposible de realizar...
Pero eu creo que soñar é necesario... A realidade tornaríase moi insípida sen un ideal que buscar e alcanzar...
Tambén creo que se perseguimos con afán o acadar os nosos soños... Máis tarde ou máis cedo ímolo conseguir...
O segredo é olhar para o noso soño e correr detrás del sen medo dos obstáculos que atopemos no camiño... Sen medo a saír ao ar, baixo a luz do sol ou camiñar na escuridade... Sen temor a marchar por lugares sen fin ou por ruelas estreitas...
Pois o que é bonito está aí, no seu lugar secreto e seguro a existir para sempre... E fica á nosa espera... Se continuamos a busca, con certeza que o temos que encontrar...
Por iso...Non desistas...Continúa a camiñar ... Non deixes o teu soño esperar unha eternidade...
mércores, 8 de febreiro de 2012
Vivir Momentos Únicos
No noso paso por esta vida é certo que podemos vivir momentos únicos... Momentos que temos que desfrutar e aproveitar para sentirmos todas as emocións posibles...
Para iso debemos dar sempre todo o noso mellor e depositar o noso cariño, a nosa ilusión e a nosa meirande alegría en todo aquilo que facemos... Tamén temos que deixar a présa na casa e ir devagariño polos camiños a ollar todo o que sae ao noso encontro...
Se cadra, ás veces mesmo temos que arriscar o estarmos tranquilos ao calor do lar, sen alteracións no noso día a día e saír ao sol, á chuva, sentir o frío do ar na nosa faciana...
Sabemos que a vida é só unha e as oportunidades poden pasar só unha vez pola nosa porta...
Entón, sen dubidar... A aproveitar a vida!!!
Entón, sen dubidar... A aproveitar a vida!!!
sábado, 4 de febreiro de 2012
Días Fríos De Inverno
Días de Inverno,
noites de xiada,
mañás de frío...
E, eu, aquí, soliña,
tremendo no campo cuberto
co seu manto branco
de armiño...
Sinto na cara o vento conxelado
que ha levar lonxe
as nubes negras
dos meus pensamentos
escuros e tristeiros...
Luvas, cachecol,
e gorra de lá na cabeza...
Non sei se estou preparada
para a longa travesía...Da vida...
Mais, o sol, o sol do teu cariño,
xa ven chegando paseniño,
xa ven chegando mansiño...
E con el traerá a lareira para quecer
a miña alma cansa e sen carraxe para mudar...
E unha voz ao meu lado besbexa:
"Segue na luita... Segue camiñando!"
E, eu, escoito... E, sumisa, fago....
Comezo a camiñar... Xa non ficarei aquí, ao frío...
Novas rutas, novos desafíos, novas metas
Están a me esperar... Sempre a camiñar!!!
noites de xiada,
mañás de frío...
E, eu, aquí, soliña,tremendo no campo cuberto
co seu manto branco
de armiño...
Sinto na cara o vento conxelado
que ha levar lonxe
as nubes negras
dos meus pensamentos
escuros e tristeiros...
Luvas, cachecol,
e gorra de lá na cabeza...
Non sei se estou preparada
para a longa travesía...Da vida...
Mais, o sol, o sol do teu cariño,
xa ven chegando paseniño,
xa ven chegando mansiño...
E con el traerá a lareira para quecer
a miña alma cansa e sen carraxe para mudar...
E unha voz ao meu lado besbexa:
"Segue na luita... Segue camiñando!"
E, eu, escoito... E, sumisa, fago....
Comezo a camiñar... Xa non ficarei aquí, ao frío...
Novas rutas, novos desafíos, novas metas
Están a me esperar... Sempre a camiñar!!!
mércores, 1 de febreiro de 2012
Moitas Grazas Por estar aí
E... Ben!!... Paseniño, paseniño xa temos chegado ás 12.000 visitas...
A verdade que aínda non o creo...
Cando comecei a publicar no blogue era case máis un experimento, un querer saber como era este mundo dos blogs... A miña intención non era ficar por moito tempo... Pero, grazas a vós queridos lectores, lectoras, amigas e amigos todos que visitades Camelia Branca Do Ar aquí estou eu... Aínda non marchei...
Que canto tempo máis estarei?? ... Ui...Iso é difícil de dicir... En principio seguirei por este mundo virtual un pouquiño máis... Tanto como vós sigades gustando do que aquí escribo!!
Por iso a todos os que por aquí pasades moitas grazas por estar aí!!! E continuade así!!! Xa sabedes que sodes sempre benvidos!!! Un bico e 12.000 sorrisos... :-))
Mary Carmen
A verdade que aínda non o creo... Cando comecei a publicar no blogue era case máis un experimento, un querer saber como era este mundo dos blogs... A miña intención non era ficar por moito tempo... Pero, grazas a vós queridos lectores, lectoras, amigas e amigos todos que visitades Camelia Branca Do Ar aquí estou eu... Aínda non marchei...
Que canto tempo máis estarei?? ... Ui...Iso é difícil de dicir... En principio seguirei por este mundo virtual un pouquiño máis... Tanto como vós sigades gustando do que aquí escribo!!
Por iso a todos os que por aquí pasades moitas grazas por estar aí!!! E continuade así!!! Xa sabedes que sodes sempre benvidos!!! Un bico e 12.000 sorrisos... :-))
Mary Carmen
luns, 30 de xaneiro de 2012
Día Da Paz
Hoxe en todo o mundo celébrase o dia internacional da PAZ. Conmemórase neste día pois é a data, en que faleceu o líder pacifista Mohandas Gandhi.
E quero deixar hoxe aquí unhas palabras que lembrei de Gandhi e que falan de que a vida é un espello e que che devolve aquilo que está reflexado nel:
" A vida ensinoume que a xente é amable se eu son amable... Que as persoas están tristes se eu estou triste... Que todos me queren se eu os quero... Que hai caras sorrintes se eu sorrío...
Que o mundo é feliz se eu son feliz... Que as persoas son agradecidas se eu son agradecido... A vida é como un espello: Se eu sorrío, o espello devólveme o sorriso... A actitude que eu tome frente a vida é a mesma que a vida tomará ante min... O que queira ser amado... QUE AME!!!"
Deixo tamén a maravillosa canción de John Lennon: Imagine...
VER E ESCOITAR IMAGINE JOHN LENNON
E quero deixar hoxe aquí unhas palabras que lembrei de Gandhi e que falan de que a vida é un espello e que che devolve aquilo que está reflexado nel:
" A vida ensinoume que a xente é amable se eu son amable... Que as persoas están tristes se eu estou triste... Que todos me queren se eu os quero... Que hai caras sorrintes se eu sorrío...
Que o mundo é feliz se eu son feliz... Que as persoas son agradecidas se eu son agradecido... A vida é como un espello: Se eu sorrío, o espello devólveme o sorriso... A actitude que eu tome frente a vida é a mesma que a vida tomará ante min... O que queira ser amado... QUE AME!!!"
Deixo tamén a maravillosa canción de John Lennon: Imagine...
VER E ESCOITAR IMAGINE JOHN LENNON
sábado, 28 de xaneiro de 2012
Seguridade E Confianza Vencen Os Desafíos Con Equilibrio
Todos nós necesitamos sentirnos seguros, a que sí?? Por iso, no noso camiñar pola vida, procuramos pasar por sitios donde poder afincar ben os nosos pés... Necesitamos sentir a seguridade de que tocamos terra firme, e de que os nosos pasos nos levan certeramente ao lugar donde está a nosa meta... Entón, sentímomos seguros e gañamos confianza en nós mesmos... E é esa confianza en nós a que nos fai avanzar máis e máis rápido e non deixa que o medo se impoña...Así o noso desexo de participar na vida e disfrutar de todo o bo que nela atopamos, agranda e medra con entusiasmo... Xa pouco importan os desafíos que ás veces aparecen na nosa senda... Sabemos que podemos vencer e enfrentalos encaralos con coraxe e con ilusión... Aínda que teñamos que facer equilibrios sobre a corda floxa do destino, sabemos que podemos triunfar... E ímolo conseguir!!!
Porque o éxito é dos que se atreven... Ánimo: xa é noso!!!
xoves, 26 de xaneiro de 2012
O Sonho Comanda A Vida
Un día, cando eu falei aquí no blog sobre "unha nena chea de soños", o meu amigo Tony Madureira deixou un comentario con estas palabras: "O sonho comanda a vida"...
A min gustáronme moito estas palabras e fiquei interesada en saber quen as tivera escrito... Eu podería ter preguntado directamente ao Tony, mas decidi pescudar eu mesma en Internet... Alí, xa sabedes que podemos achar de todo... E eu tamén achei o que buscaba: Esas palabras pertecían ao poema "Pedra filosofal" do poeta portugués António Gedeão... Así foi como entrei en contacto con outro escritor portugués que agora tamén me encanta...
Gústame moito todo o poema "Pedra filosofal" mas agora só vos vou deixar dous dos fragmentos que máis me gustan:é uma constante da vida
tão concreta e definida
como outra coisa qualquer,
como esta pedra cinzenta
em que me sento e descanso...
Eles não sabem, nem sonham,
que o sonho comanda a vida,
que sempre que um homem sonha
o mundo pula e avança
como bola colorida
entre as mãos de uma criança.
xoves, 19 de xaneiro de 2012
Facer E Acreditar Para Ser Vencedor
Este noso mundo de hoxe tan competitivo pertence a quen se atreve... Nel non hai moito lugar para os débiles...
E aí o tendes... Aí está el... Río arriba... Poñendo a vida en cada impulso que dá... A loitar el soíño sen compañía... A loitar polo seu ideal... A loitar contra corrente...
Xa non importa se gaña ou perde... Por ter ousado facer e acreditar xa é vencedor!!!
martes, 17 de xaneiro de 2012
Ficar Parados A Pensar
Ás veces no noso camiñar pola vida é bo para nós que fiquemos parados a pensar un pouquiño...
E que pensar??
Pois... Pensar o próximo paso que queremos dar...
Reflexionar sobre que dirección deben elixir os nosos pasos...
Pois... Pensar o próximo paso que queremos dar...
Reflexionar sobre que dirección deben elixir os nosos pasos...
Só entón poderemos decidir...
Se continuamos a nosa vida rutinaria de sempre ...
Ou se mudamos a nosa vida por completo....
Se continuamos a nosa vida rutinaria de sempre ...
Ou se mudamos a nosa vida por completo....
sábado, 14 de xaneiro de 2012
A Ilusión De Voar En Liberdade En Ás Dos Sentimentos
Desde que o ser humano camiña sobre a Terra sempre tivo unha ilusión: Voar... Poder voar libremente como os paxaros... E voar aínda hoxe é, e sempre será, unha bonita ilusión...
Se eu puidese ter ás, con certeza voaría alto, ben alto... Serenamente e en liberdade... Rumbo ao azul infinito...
Mas... As miñas ás, por agora, non teñen plumas... Non se poden nin ver nin tocar...
Por agora o meu voar é un voar nas ás da imaxinación... É apenas un flutuar no espazo dos meus pensamentos e planear nas emocións dos meus sentimentos...
mércores, 11 de xaneiro de 2012
As Augas Baixan Calmas
Hai veces en que as augas da nosa vida se deslizan tranquilas e calmas... É entón cando podemos ollar en frente con optimismo... E... Podemos permitirnos sorrir... E co sorriso serenamos o corpo e tamén a nosa alma, que pode xa soñar... Si... Soñar libremente... Porque o soñar... Sempre é libre!!!
luns, 9 de xaneiro de 2012
Obstáculos E Axuda No Noso camiño
Ás veces no noso camiñar atopamos obstáculos que nos impiden continuar... Mas non debemos desesperar... Non está todo perdido... Sempre haberá un outro percorrido a realizar, se cadra, mais longo, menos directo, mas que tamén nos leva a conseguir o noso propósito... E que nos deixa na meta final...
E nese noso camiñar cheo de obstáculos, sempre é bo ter ao noso carón, unha persoa en quen poder confiar plenamente, alguém que nos ofreza a súa forza, cando nos sentimos débiles, un hombreiro sobre o que poder descansar o noso corpo magoado na loita!!
mércores, 4 de xaneiro de 2012
Chove En Santiago
Neste tempo de descanso navideño, as miñas amigas, Mª José, Isabel e mais eu, achegámonos ata Santiago de Compostela simplemente para estar xuntas e dar un paseo.
A verdade é que estivemos pouco tempo pois Isabel tiña que coller o avión que a levaría ata a illa de Mallorca para pasar alá parte das vacacións coa súa irmá Marga e familia... E como non podía ser menos, como sempre que se fala da cidade do Apóstolo... Pois... Estaba a chover... Non podía fallar...
E entón eu lembreime do fermoso poema que Federico García Lorca dedicou, en galego, á capital de Galicia: "Chove en Santiago"...
E que eu teño sempre na parte dereita do blog, porque me gusta moito a poesía de Lorca e porque un dos versos deste poema é o que dá nome ao meu blog: Camelia Branca Do Ar brila entebrecida ao sol...
E aínda que hai un tempo xa dediquei un post a esta poesía, é tan linda que non resisto a tentación de publicala de novo...
Madrigal á cibdá de Santiago
Chove en Santiago
meu doce amor
camelia branca do ar
brila entebrecida ao sol.
Chove en Santiago
na noite escura.
Herbas de prata e sono
cobren a valeira lúa.
Olla a choiva pola rúa
laio de pedra e cristal.
Olla no vento esvaído
soma e cinza do teu mar.
Soma e cinza do teu mar
Santiago, lonxe do sol;
ágoa da mañan anterga
trema no meu corazón.
VER AQUÍ AS FOTOS DO PASEO
sábado, 31 de decembro de 2011
FELIZ 2012
Que no ano 2012 atopes o camiño para realizar os teus soños con todas as cores de todas as flores desta vida e todas as alegrías capaces de facerte sorrir...
Porque sempre hai un motivo para ser feliz: BÓTALLE UN SORRISO AO MUNDO E FAI FELIZ A TODA A XENTE QUE ESTÁ AO TEU ARREDOR!!!!!!
PARA ESCOITAR A MÚSICA CLICAR NA FRECHA NEGRA
mércores, 28 de decembro de 2011
Mirar A Vida Pasar
A vida merece a pena de ser vivida, non podemos quedar encerrados dentro de nós mesmos, presos na nosa cuncha, e ver como a vida e as oportunidades de disfrutar pasan diante da nosa porta...
Non basta só con mirar, hai que saber apreciar o mellor que temos diante de nós... E ese algo hai que aprecialo non só cos ollos senon que tamén hai que admiralo coa mirada do corazón... Sentir e deixarse sentir... Porque sentir é algo único e intenso e ninguén pode sentir por nós... Cada un ten que vivir as súas propias experiencias, sentir as súas propias emocións...
Non vale só con ollar como son os outros os que disfrutan da vida... Hai que saír ao encontro das emocións e saber aprecialas... Hai que encantarse co que pasa ao noso redor e deixarse encantar por toda a beleza que no mundo hai... E sentir todo iso alá... No profundo da alma...
E entón... Xa non importará desde donde contemples a vida...
Podes escoller ollar desde o alto... Alá ben arriba... Ou, se é a tua escolla podes abaterte e mirar desde embaixo... Mesmo por un buratiño podes ver o mundo... Xa non importa, porque xa non estás aí só de mero espectador... Ti tamén formas parte do diario acontecer do mundo... Ti tamén formas parte da vida!!
xoves, 22 de decembro de 2011
É Nadal!... Feliz Nadal!!
Xa é Nadal!!... Feliz Nadal!!
Que nunca nos falte un soño polo que loitar, un proxecto que realizar, algo que aprender e alguén a quen querer!!

PARA ESCOITAR A MÚSICA CLICAR NA FRECHA NEGRA
Que nunca nos falte un soño polo que loitar, un proxecto que realizar, algo que aprender e alguén a quen querer!!
PARA ESCOITAR A MÚSICA CLICAR NA FRECHA NEGRA
xoves, 15 de decembro de 2011
Cruzar O Ceo E O Mar
Cando levanto a vista hacia o ceo e miro os paxaros voar libremente, sinto envexa deles, do seu voo sen ataduras, da súa perspectiva desde alá arriba...
E é entón cando penso: Que bonito sería poder voar lonxe... Cada vez máis lonxe... Poder cruzar o ceo e o mar... Atravesar as nubes... Balancearse co vento, deixarse levar... E ver o mundo dende o alto, moi alto... Sen límites...
mércores, 7 de decembro de 2011
O Mar Sempre Presente Na Miña Vida
Desde que eu teño memoria o mar está moi presente na miña vida...
O mar... Aquel mar que eu ollaba desde a fiestra da casa da miña avoa...
O mar... Aquel mar que eu case tocaba cada día que me dirixía á escola...
O mar... Aquel mar sempre igual... E sempre distinto en cada estación...
O mesmo mar que un inverno, para demostrar quen era, me deixou sen camiño por onde chegar ó colexio... A sua forza todo levou...
O mar presente tamén nos domingos ao saír de misa... Qué maravilla era achegarnos ata a praia e competir a ver a quen lle daban máis botes os croios ao seren lanzados sobre as ondas!
O mar... Aquel mar tamén das tardes de verán...
O mar... Sempre o mar...
E gustábame estar así... Simplemente a ollar... Ás veces a sua cor... Ás veces máis alá... Quen sabe o que? Ao mellor... Nada... Simplemente... O mar...
Se cadra é por iso que aprendín a ter ben collido o temón da miña barca na vida... Se cadra, é por iso, que eu souben sempre agarrar ben forte o remo e ser quen de navegar nas augas , ás veces calmas, lisas coma pratos, mais tamén, ás veces bravas, que o mar da vida me ofrecía...
Se cadra... É por iso que eu podo ollar máis alá e dirixirme cara ao futuro, con confianza... Sen temor...
Sei... Que os meus... Van estar sempre aí a me acompañar...
O mar... Aquel mar que eu ollaba desde a fiestra da casa da miña avoa...
O mar... Aquel mar que eu case tocaba cada día que me dirixía á escola...
O mar... Aquel mar sempre igual... E sempre distinto en cada estación...
O mesmo mar que un inverno, para demostrar quen era, me deixou sen camiño por onde chegar ó colexio... A sua forza todo levou...
O mar presente tamén nos domingos ao saír de misa... Qué maravilla era achegarnos ata a praia e competir a ver a quen lle daban máis botes os croios ao seren lanzados sobre as ondas!
O mar... Aquel mar tamén das tardes de verán...
O mar... Sempre o mar...
E gustábame estar así... Simplemente a ollar... Ás veces a sua cor... Ás veces máis alá... Quen sabe o que? Ao mellor... Nada... Simplemente... O mar...
Se cadra é por iso que aprendín a ter ben collido o temón da miña barca na vida... Se cadra, é por iso, que eu souben sempre agarrar ben forte o remo e ser quen de navegar nas augas , ás veces calmas, lisas coma pratos, mais tamén, ás veces bravas, que o mar da vida me ofrecía...
Se cadra... É por iso que eu podo ollar máis alá e dirixirme cara ao futuro, con confianza... Sen temor...
Sei... Que os meus... Van estar sempre aí a me acompañar...
xoves, 1 de decembro de 2011
Unha Nena Chea de Soños
Había unha vez unha nena de aldea chea de soños... Esa nena vivía feliz, mais sempre tiña curiosidade por saber máis e máis... Nunca ficaba contenta, sempre quería saber máis...
Felizmente, na súa vida, cruzáronse persoas maravillosas que a axudaron a que todas as súas ansias se cumpliran, se fixeran realidade...
Cando se trasladaba a Pontevedra, coa súa nai mercar algo, ela , a través das ventás do trolebús, sempre ollaba unha bonita casa cun xardín donde xogaba, soa, unha rapaza... E a nosa nena soñaba que era a súa amiga e que podía xogar naquel maravilloso xardín... E sabedes unha cousa?? A nena da nosa historia chegou a ser a mellor amiga da rapaza solitaria...
Ai, a miña amiga Chus!!! Cantos pinchacarneiros e reviravoltas temos dado naquel céspede tan coidado, .... E as merendas....
E a nena da nosa historia tivo profesoras estupendas que non só lle ensinaron as ciencias do saber, senón que tamén cultivaron a súa voz para ela ainda hoxe cantar como canta... Desenvolveron as súas dotes interpretativas, tentando sacala daquela súa timidez enfermiza... En fin... Ela admiraba tanto estas súas profesoras que ela desexaba algún día poder ser como elas...
E... Claro... Conseguiuno... E agora... Ela chegou a ser, segundo os seus alumnos, "a mellor profesora do mundo"... Só porque ela fai o mesmo que ela ollou facer... Ela canta, baila, dramatiza... E mesmo "Bloguea"....
Mais todo isto non seria posible sen algo primordial que alguén tamén lle ensinou: Todo o que fagas, faino cun sorriso iluminando a tua cara... Un sorriso consigue maravillas!!!
sábado, 26 de novembro de 2011
Flores: Rosas e Toxos Na Nosa Vida
Hai veces na nosa vida en que todo parece que nos sorrí... Todo fica ben ao noso arredor... Hai harmonía... Estamos en paz coa natureza, e con nós mesmos... E entón, a vida seméllanos un camiño de rosas... E mesmo hai xente que fala ben de nós... Que lle gusta o que facemos, e que nos piropea... Que nos bota flores...E a nosa alma irradia felicidade...
Mais... Todo é pasaxeiro... As flores... Os piropos van e veñen... Veñen e van... E hai veces en que a nosa vida se transforma nun camiño difícil de atravesar... Só hai atrancos... Todo son toxos a nos circundar...
Mais coa axuda dos amigos, aínda podemos ver o sol, que continúa ahí, encima nosa, a nos quentar e a nos alumar para que nunca desistamos de vivir a vida e de sermos felices...
Mais... Todo é pasaxeiro... As flores... Os piropos van e veñen... Veñen e van... E hai veces en que a nosa vida se transforma nun camiño difícil de atravesar... Só hai atrancos... Todo son toxos a nos circundar...
Mais coa axuda dos amigos, aínda podemos ver o sol, que continúa ahí, encima nosa, a nos quentar e a nos alumar para que nunca desistamos de vivir a vida e de sermos felices...
xoves, 24 de novembro de 2011
A Beleza Sae Ao Meu Encontro
Eu non podo ficar quieta... Eu preciso de camiñar... O meu corpo pide movemento... Entón, saio da casa e vou por aí... A procurar esquecer... A procurar non pensar en nada...
E é entón cando a beleza do que me rodea sae ao meu encontro... E é entón cando me decato do bonito que é ver o sol nacer na brillante alborada... Ver as augas dos ríos correr, calmas ou bravas, debaixo das pontes sobre as que paso...
Escoitar os paxaros nas árbores arrolar... E alá polo luscofusco, ollar o sol escapar polo horizonte, nun doce e lento solpor...
domingo, 20 de novembro de 2011
Camiñar: Sós?... Ou... En Compañía?
Hai ocasións na nosa vida en que parece que temos que camiñar sós... Sen ninguén ao noso lado...
Às veces, mesmo somos nós a buscar o estarmos en soidade... E case non sentimos nada....
Só estamos aí, sós, cos nosos pensamentos... A continuar camiñando...
Apenas contemplando a paisaxe outonal que nos rodea e no que queremos mergullarnos...
Todo ten o seu encanto...
Outras, en cambio, buscamos con afán os nosos amigos... Queremos telos moi perto...
E entón, no noso ceo, non hai nen unha soa nube gris... Todo é azul... Ou... Azul e branco... Ou só branco!!
Un branco tan branco que non hai lugar para ningún pensamento negativo... Todo está ben!!
E continuamos a percorrer o noso camiño... Mas agora co corazón palpitando de alegría no noso peito...
Ese é o poder máxico dos amigos!!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)


























