Moitas veces nas miñas correrías paso por lugares áridos e sombríos, por onde paso sempre a correr...
Alí escoito o silencio
oculto e o ruxerruxe das palabras non pronunciadas por aqueles que só gardan
segredos e nunca teñen nada que dicir...
Tamén albisco terras ledas e coloridas que te atraen con só velas... Cheas de encanto e de vida.
Nelas é fácil sentirse acompañado, mires a
onde mires, alí están eles para contarnos todo o que queiramos saber...
Se ti pasas por alí e non os ves... É que non sabes mirar nin escoitar...
Ningún comentario:
Publicar un comentario