Tantas veces camiñas entre nós...
Nesas paraxes que tanto che gustan de muros
antergos, pedras tapizadas de musgo e chans alfombrados de follas... Seguro que cando pasas nin sequera te das
conta da nosa fantasmal presenza...
Pero alí estamos nós, fieis vixías, espíritos gardiáns
dos tesouros dos nosos montes, da beleza de pontes e muíños, do ruxerruxe das
fervenzas, do rechouchío dos paxaros,...
As nosas formas son variadas, pero hai un
patrón que se repite: as nosas roupas desfianchadas, vístennos coas cores que
nos rodean, mimetizámonos coa contorna, retorcendo no ar os nosos brazos incansables,
semellando esgazadas pólas movidas só polo vento que zoa.
Mary Carmen
Ningún comentario:
Publicar un comentario