Hai veces que esquecemos iso de que a vida son
dous días e non gozamos plenamente do que acontece ao noso redor. Pero se hai
unha gran verdade é esa. Non somos eternos, nin moito menos. Como quen di
estamos aquí para unha visita rápida. Por iso non hai dúbida de que cada
momento é de ouro.
Por iso, meu amigo, non esquezas de mirar para
diante e tamén aos lados. Alí tamén hai cousas fermosas, alí tamén hai maxia, alí
está a beleza das flores. Non pases sen admiralas, non deixes esquecer o seu
arrecendo, chéiraas e lévaas contigo para sempre!
Ningún comentario:
Publicar un comentario