Os paxaros pían alegremente na miña xanela e as árbores do parque danme a súa sombra cando distraidamente por alí camiño.
Paseo lentamente pola beira do mar deixando a
auga salgada mollar os meus pés cansos de tan longa invernía.
A miña pel apaña
como pode algún reflexo dourado mentres no solpor o azul do ceo e do mar invita
ás súas compañeiras as cores ir debruzarse no mar nun arco da vella infinito e
inesperada testemuña do último baño do Sol.
Ningún comentario:
Publicar un comentario