E nos tempos estes que corren tan axitados, nada
tranquilos, pasamos a vida así como estando nunha carreira constante.
E hai
tantos e tantos días en que non nos decatamos do sorprendente que a vida pode
ser.
Deberiamos deternos un pouco, andar máis devagar
e reparar naquilo que temos ao noso redor. Entón apreciariamos a beleza da
senda pola que camiñamos, sentiriamos o cheiro da terra en días de chuva, o
arrecendo da herba recén segada, o aroma das flores do xardín ou do campo.
Fagamos iso, e sentemos máis veces a contemplar a marabilla do solpor reflexado
nas nosas rías!
Ningún comentario:
Publicar un comentario