E que bonitos son os días en que podemos
simplemente respirar, sentir o arrecendo das flores, achegarnos á beira do mar,
mollar os pés na auga salgada, escoitar o bater constante das ondas contra as
rochas impasibles, canturrear a nosa melodía preferida, e facer competencia co
rechouchío dos paxaros, eses que todas as primaveras veñen facer o seu niño
preto da miña ventá.
Fermosas son as alboradas, sosegadas son as
noites. Antes, no luscofusco, o sol escapa melancólico. O ceo borda a súa capa
de estrelas e a lúa, ciumenta, non quere ficar atrás e escacha a rir coa súa
cara moi chea a relucir sobre nós.
lovely blog , saluda del Belgica.
ResponderEliminar