Non sempre estamos contentos. Non sempre
pasamos a vida a rir...
Hai días en que a nube negra da tristeza
invade o noso horizonte e faise presente no noso ceo.
Só queremos ficar illados, non queremos que o
mundo colorido saiba da paleta de grises que nós, torpes aprendices de
pintores, estamos a manexar.
Non queremos nin sentir o doce sopro do vento
e fechamos portas e xanelas para que non entre nin a máis leve brisa.
E é entón que necesitamos unha man amiga que
nos repinte de azul o noso ar. Un sorriso doce que alonxe todas as melancolías.
Alguén que nos encha o camiño de flores coloridas.
Unha persoa que nos faga ver outra vez o sol que está sempre aí a brillar para
nós.
Claro que está!
Claro que está!
Ningún comentario:
Publicar un comentario